Programa de formación “Observa_Acción: Desenvolvemento competencial desde a observación e o intercambio entre iguais”
O programa Observa_Acción ten como finalidade fomentar o desenvolvemento profesional nas Competencias Profesionais Docentes para a cooperación e colaboración, a construción conxunta de coñecemento e o liderado e xestión de centros a través do intercambio de boas prácticas e a observación entre iguais.
Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:
• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, así como a colaboración con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.
• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos, fomentando a adaptación e a aplicación do aprendido na súa praxe diaria.
• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as cun interese común, incluíndo a observación activa da práctica docente de todos os seus membros, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores nos procesos organizativos e didácticos e a realización de proxectos de forma conxunta.
• Potenciar o traballo en equipo entre centros educativos con intereses compartidos, establecendo irmandades que fomenten a reflexión sobre aspectos organizativos, metodolóxicos e formativos innovadores para ofrecer unha formación de calidade en beneficio do alumnado.
• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países, e fomentando a integración reflexiva e contextualizada de innovacións educativas na súa propia práctica docente.
• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.
O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo):
1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte)
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle)
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta)
Máis información no portal educativo: