Gallego

O CAFI deséxavos felices festas

Summary: 

O CAFI deséxavos felices festas
Gallego
O CAFI deséxavos felices festas
O CAFI deséxavos felices festas

G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

Summary: 

Terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Gallego

Xornada G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA que terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que ten como destinatarios o profesorado das etapas de infantil e primaria na que tentaremos respostar  a estas preguntas:

  • Que implica ensinar a ler e escribir?

  • Estamos formando lectores e escritores competentes?

  • Sabemos crear contextos que inviten a ler, escribir, falar e escoitar?

  • Como se respecta a diversidade do alumnado ante o difícil reto de mellorar a competencia lectora e escrita?.

Adxúntovos Programa da Xornada para difusión ao claustro por si fora do voso interese.

Aberto o prazo de inscripción en Fprofe co código G2402024:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do

HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA
HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA

25 N Prepara o teu material

Summary: 

Convocatoria do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día internacional contra a Violencia de Xénero”
Gallego

Con motivo da celebración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa convocan un Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais.

O obxecto do concurso é a realización de traballos, consistentes en imaxes gráficas e pezas audiovisuais, coa finalidade de promover a reflexión sobre a loita contra a violencia de xénero dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha acción que fomente a participación cidadá no rexeitamento público e frontal contra a violencia de xénero e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respecto e a igualdade entre mulleres e homes.

Prepara un proxecto, preséntanolo a Aula Nova e ven aproveitar todo o material que temos ao teu dispor!

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/44563

Convocatoria do Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 de novembro “Día internacional contra a Viole

PLATEGA. Formación na Rede para o curso 2024/2025

Summary: 

Podedes consultar os cursos na Rede que organizará o CAFI para o curso 2024/2025
Gallego

Despois da publicación do Plan Anual de Formación do Profesorado xa se coñecen os cursos en rede que se celebrarán para o seguinte curso a través da Plataforma Telemática Galega (PLATEGA). Co fin de facilitar a súa búsqueda podedes consultar esta ligazón:

PLATEGA. Formación en rede para o curso 2024/2025

Cursos de formación aberta en Platega

Summary: 

O CAFI pon a disposición do profesorado unha sección de formación aberta na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA)
Gallego

O CAFI pon a disposición do profesorado galego unha serie de cursos de formación aberta na Plataforma de Teleformación Galega (PLATEGA) que polo seu contido, relacionado co manexo de ferramentas dixitais e as metodoloxías para o seu aproveitamento, poderán servir de axuda no desenvolvemento do traballo docente.

Estes cursos, que incluirán só a parte teórica, pretenden servir de guía e non poderán ser entendidos como actividades formativas certificables nin terán o habitual soporte de titorización co que contan os cursos Platega.

Como acceder?

1. Accede directamente á categoría de Formación aberta en Platega na seguinte ligazón

Introduce o teu usuario e contrasinal da conta edu.xunta.gal

Exemplo: coa conta usuarioplatega @ edu.xunta.gal sería

Usuario: usuarioplatega

Contrasinal: xxxxx

Ou, se xa estás en Platega, podes escribir na caixa de busca de cursos as palabras "formación aberta

2. Escolle na listaxe o curso ao que queiras acceder e fai clic no seu título.

3. Fai clic en “Matricúlame

Para calquera consulta en relación coa formación aberta podes escribir ao enderezo cafi.educaciondixital@edu.xunta.gal

Formación aberta

Competencia dixital docente

Gallego

Competencia dixital docente

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

Enlace: https://encr.pw/EXHJf

Competencia dixital docente

Acreditación da competencia dixital docente

Summary: 

Convocatoria dos procedementos da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos de Galicia.
Gallego

Xúntase a Resolución do 5 de xullo de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan diferentes procedementos para a obtención da acreditación da competencia dixital docente para o persoal docente non universitario dos centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia.

  • O prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2024.
Imaxe CDD Fprofe

Licenzas por formación curso 2024/25

Summary: 

Publicación da convocatoria de licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario.
Gallego
  • Normativa reguladora: RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se convocan licenzas por formación para o curso académico 2024/25 destinadas ao funcionariado docente non universitario e se aproban as bases de concesión.
  • Prazo de inscrición: Ata o 22 de xullo de 2024, inclusive.
  • Persoas destinatarias: Persoal docente que pertence aos corpos que imparten as ensinanzas establecidas na LOE, destinado este ano en centros educativos públicos dependentes da Consellería.

Ligazón ao Portal Educativo

Formación aberta en Platega: Creación de Obxectos Dixitais Educativos

Summary: 

Curso dispoñible para todo o profesorado galego en aberto.
Gallego

O curso de creación de Recursos Educativos Dixitais na plataforma Platega, organizado polo CAFI, é unha iniciativa que permite ao profesorado galego deseñar e compartir recursos innovadores. Participar neste curso non só contribuirá ao desenvolvemento profesional dos docentes, senón que tamén beneficiará aos estudantes con materiais educativos dixitais máis atractivos e interactivos. Por outro lado, os contidos deste curso tamén poden ser un recurso de interese para o profesorado que quiera solicitar unha licenza por formación no curso 24/25. Podes acceder nesta ligazón 

Creación ODEs

Prazas dispoñibles no curso presencial G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º

Summary: 

Actividade de 15 horas en Santiago de Compostela aberta a todos os corpos e especialidades
Celebrarase unha sesión semanal entre o 15 de maio e o 7 de xuño
Gallego

O curso  G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º  conta cun total de 15 prazas. A actividade, aberta a profesorado de todos os corpos e especialidades, está orientada a formar aos/ás docentes tanto no manexo básico de cámara vídeo/foto 360 como nas técnicas básicas para a creación de contidos educativos con vídeos/fotos 360 (edición audiovisual, introdución a ferramentas educativas).

O curso, que se desenvolverá na sede do Centro Autonómico de Formación e Innovación en Santiago de Compostela,  dará comenzo o 15 de maio e será de 15 horas. As sesións celebraranse os días 15, 22, 31 de maio e 7 de xuño. Todos as sesións serán pola tarde a partir das 16.30 horas.

Información e inscrición en www.edu.xunta.gal/fprofe

 

 

 

 

Prazas dispoñibles no curso G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º
Curso G2302004 Creación de contidos dixitais baseados en vídeo 360º