Observa_Acción
Enviado por pedrolado a Lun, 07/11/2022 - 21:11Summary:
O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo)
1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle) dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan
4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza) experiencia de Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.
Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:
• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, e colaborar con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.
• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos.
• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión e a formación metodolóxica
• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países
• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.
Ligazón á convocatoria: Observa_Acción