Gallego

Competencia dixital do profesorado

Summary: 

O Departamento TIC do CAFI, en coordinación coa Comisión TIC da rede permanente de formación, elaborou un Itinerario de Formación para axudar ao profesorado a acadar o nivel de competencia TIC que precisa para unha correcta integración das TIC nas aulas da nosa Comunidade Autónoma.
Gallego

O Departamento TIC do CAFI, en coordinación coa Comisión TIC da rede permanente de formación, elaborou un Itinerario de Formación para axudar ao profesorado a acadar o nivel de competencia TIC que precisa para unha correcta integración das TIC nas aulas da nosa Comunidade Autónoma.

O itinerario de competencia TIC consta de cinco cursos, deseñados para cubrir as necesidades formativas do profesorado dende un nivel básico inicial ata outro máis avanzado. Os dous primeiros cursos (básico inicial e básico) programáronse en todos os CFR e no CAFI a partir de setembro de 2012. Os tres últimos (medio inicial, medio e avanzado) son cursos en rede que se desenvolven en Platega.
Para proporcionar ao profesorado un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita, disponse, así mesmo, dunha ferramenta de autoavaliación de competencia TIC con cinco cuestionarios.

A inscrición nos cursos do itinerario TIC realízase a través da aplicación Fprofe, unha vez realizado o cuestionario de autoavaliación e de acordo cos seus resultados.

Ofrécese a información completa en /portal/competenciaTIC

DESCARGA DO PDF INFORMATIVO: PREMA AQUÍ PARA DESCARGALO

 

 

itinerarios

Curso: L1201043 Nivel básico en tecnoloxías da información e da comunicación. Ed. Abalar

Gallego

Dende o luns 15 de outubro ata o mércores 12 de decembro desenvolverase no IES Lucus Augusti o curso L1201043 Nivel básico en tecnoloxías da información e da comunicación. Ed. Abalar.

Segundo nivel do itinerario de competencia dixital do profesorado.

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Publicado o itinerario de competencia TIC docente

Summary: 

Coa finalidade de seguir a impulsar a integración das TIC no ensino galego, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición do profesorado un itinerario formativo de competencia dixital para a docencia.
Gallego

Coa finalidade de seguir a impulsar a integración das TIC no ensino galego, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon a disposición do profesorado un itinerario formativo de competencia dixital para a docencia.

Este itinerario de competencia TIC consta de cinco cursos, deseñados para cubrir as necesidades formativas do profesorado dende un nivel básico inicial ata outro máis avanzado. Os dous primeiros cursos (básico inicial e básico) programaranse en todos os CFR e no CAFI a partir de setembro. Os tres últimos (medio inicial, medio e avanzado) son cursos en rede que se desenvolverán en Platega. A inscrición en todos os cursos realizarase utilizando a aplicación Fprofe.

Disponse, así mesmo, dunha ferramenta de autoavaliación de competencia TIC, con cinco cuestionarios, para proporcionar ao profesorado un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita para unha mellor integración das TIC na docencia. Cada docente poderá decidir por cal dos cursos empezar e por cales continuar, en concordancia cos seus coñecementos e necesidades formativas no momento da súa elección.

Itinerario TIC
Itinerario

Novos centros ABALAR 2012-2013

Summary: 

No día 6 de xuño foi desvelada a nova listaxe de centros que van pertenecer a Rede ABALAR de Centros Galegos, dotados cas aulas TIC, para desenvolver o seu programa en 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de ensino secundario.
Gallego

No día 6 de xuño foi desvelada a nova listaxe de centros que van pertenecer a Rede ABALAR de Centros Galegos, dotados cas aulas TIC, para desenvolver o seu programa en 5º e 6º de educación primaria e 1º e 2º de ensino secundario.

Para leer máis: /portal/centrosAbalar2012

Centros ABALAR nuevos
Centros ABALAR

Tecnoloxías da Información e Comunicación

Gallego

O Proxecto Abalar

Summary: 

Co Proxecto Abalar procúrase a integración plena das TIC na práctica educativa.
Gallego

Co Proxecto Abalar procúrase a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación do noso alumnado na sociedade dixital do século XXI, coordinando e impulsando un cambio de modelo educativo apoiado na formación do profesorado e na modernización do ensino.

 

O espazoAbalar é unha moderna plataforma desenvolta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia con dous obxectivos:

  • Achegar a educación aos cidadáns, incrementando a eficacia dos servizos que se lle proporcionan.

  • Desenvolver as TIC no ámbito educativo, fomentando a participación e motivación do alumnado e loitando contra o fracaso escolar.

O espazoAbalar estase a desenvolver dun xeito continuado no tempo coa inclusión de novos servizos para toda a comunidade educativa. Actualmente dispón dun espazo adicado ás familias (espazoFamilias), o que permite aos pais e nais integrarse en maior medida na vida académica dos seus fillos/as, un espazo para os profesores (espazoProfesores) e outro para os centros educativos (espazoCentros). Tamén está a disposición de toda a comunidade educativa un repositorio de contidos educativos dixitais.

O servizo espazo Centros é un dos servizos do portal espazoAbalar que permite aos centros educativos dispor dun taboleiro virtual coa finalidade de manter informada a toda a comunidade educativa.

Actualmente, o acceso ao servizo espazo Centros, está dispoñible para todos os directores/as dos centros públicos e concertados de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI.

Adicionalmente, estes directores/as terán a posibilidade de dar permisos de acceso a aquelas persoas do centro que consideren apropiado.

O servizo espazo Profesores está dispoñible para todos os profesores/as, pero tan só os titores/as e/ou profesores/as de grupos terán acceso a todas as funcionalidades que ofrece este servizo.

Os profesores/as que non sexan titores/as dun dos centros mencionados anteriormente, poderán acceder á aplicación de datos persoais e ligazóns. Ademáis, a funcionalidade de recibir solicitude de citas de titoría, só estrá dispoñiible para o caso dos titores de grupos de estos centros.

O servizo espazo Familias permite acceder ao seguimento académico en liña e establece unha nova canle de comunicación entre os pais, nais e responsables legais e os titores/as dos seus fillos/as.

Este servizo está dispoñible para todos os centros educativos galegos de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato, ciclos formativos e PCPI.

Máis información do espazoAbalar

O Repositorio de Contidos Educativos Dixitais está dispoñible para toda a comunidade educativa galega: docentes, alumnos/as, familias e todos aqueles usuarios interesados, e non é preciso realizar ningún tipo de autenticación.

As persoas que elaboran material educativo e están interesadas en ceder este material para o seu uso no repositorio de contidos dixitais, dispoñen dun procedemento no que se explican os pasos a seguir.

Máis información do repositorio Abalar

NOTICIA ABALAR
PROXECTO ABALAR
espazo centros
espazo familias
espazo profesores
abalar repositorio