Competencia dixital do profesorado

O Departamento TIC do CAFI, en coordinación coa Comisión TIC da rede permanente de formación, elaborou un Itinerario de Formación para axudar ao profesorado a acadar o nivel de competencia TIC que precisa para unha correcta integración das TIC nas aulas da nosa Comunidade Autónoma.
Lun, 15/10/2012 - 12:37
itinerarios

O Departamento TIC do CAFI, en coordinación coa Comisión TIC da rede permanente de formación, elaborou un Itinerario de Formación para axudar ao profesorado a acadar o nivel de competencia TIC que precisa para unha correcta integración das TIC nas aulas da nosa Comunidade Autónoma.

O itinerario de competencia TIC consta de cinco cursos, deseñados para cubrir as necesidades formativas do profesorado dende un nivel básico inicial ata outro máis avanzado. Os dous primeiros cursos (básico inicial e básico) programáronse en todos os CFR e no CAFI a partir de setembro de 2012. Os tres últimos (medio inicial, medio e avanzado) son cursos en rede que se desenvolven en Platega.
Para proporcionar ao profesorado un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita, disponse, así mesmo, dunha ferramenta de autoavaliación de competencia TIC con cinco cuestionarios.

A inscrición nos cursos do itinerario TIC realízase a través da aplicación Fprofe, unha vez realizado o cuestionario de autoavaliación e de acordo cos seus resultados.

Ofrécese a información completa en /portal/competenciaTIC

DESCARGA DO PDF INFORMATIVO: PREMA AQUÍ PARA DESCARGALO