Gallego

G2401022 Creando cultura inclusiva de centro

Summary: 

Xornada de formación de 10 horas
Een Santiago de Compostela na Escola Galega de Administración Pública o sábado 28 de setembro
Gallego

A implementación dunha educación inclusiva pode chegar a ser un camiño difícil e desigual. Supón un proceso dirixido a descubrir os beneficios da diversidade, adoptando actitudes e respostas positivas e de comprensión da diferenza de raza, clase social, orixe étnica, relixión, xénero e capacidades. Este proceso vai máis alá da aula ou mesmo da escola, é un proceso ecolóxico, onde a base é unha cultura sustentada nuns valores que dirixan as políticas e prácticas tanto educativas como sociais. Por iso, á hora de falar de inclusión debe abordarse a cultura organizativa e educativa, entendéndose esta tanto a nivel de centro educativo como de comunidade; unha cultura sustentada por uns principios eixos da acción. Noutras palabras, unha resposta positiva á diversidade depende dunha cultura e valores inclusivos, que promovan políticas e prácticas inclusivas, o que redundará en melloras nos centros educativos. 

Se queres descubir como aplicala, agardámoste nesta actividade:

Obxectivos: 

  1. Tomar conciencia da importancia de crear unha cultura de centro que garanta e vele pola inclusión de todo o alumnado e a participación de toda a comunidade educativa.
  2. Identificar e seleccionar os principios e valores que definen unha educación inclusiva así como as claves para implementar procesos de ensinanza e aprendizaxe inclusivos.
  3. Proporcionarlle ao profesorado boas prácticas sobre a creación da cultura inclusiva en centros educativos.

Contidos: 

  1. Marco teórico e normativo de referencia na creación de culturas inclusivas nos centros educativos.
  2. Definición de valores, actitudes, comportamentos e prácticas que promoven a inclusión e a equidade.
  3. Proxectos educativos referentes en cultura inclusiva.

Datos importantes:

  • Data: 28 de setembro
  • Horario: de 09:00 a 20:00h
  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública  en Santiago de Compostela
  • Código en fprofe: G2401022
  • Inscrición aberta en fprofe para todos os corpos e especialidades

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Creando cultura inclusiva de centro

Boa práctica de centro. CEIP Plurilingüe Vila de Rutis

Gallego

O CEIP plurilingüe Vila de Rutis forma parte da rede de centros que participa no programa de Polos Creativos +. Durante este curso levaron a cabo moitísimas actividades e propostas para dinamizar o seu Polo+, sendo o alumnado o gran protagonista desde o principio, creando e elixindo á súa mascota a través de dous concursos, dos cales saíron dous debuxos: un na categoría de EI e outro na categoría de EP.

Partindo deses debuxos gañadores xurdiron os peluches, que máis tarde, cobrarían vida coa app animateddrawings.

Entrando na súa conta de Instagram: https://www.instagram.com/polocreativodovila/  e na súa páxina web: www.edu.xunta.gal/centros/ceipviladerutis, poderedes ver todas as actividades que realizaron ao longo do curso: Titoriais dos distintos materiais e as súas posibilidades, actividades de robótica, radio, audiovisuais, programación- scratch, construcións…

Para rematar o curso, organizaron a primeira feira científica do colexio:  STEAM FEST.

Un día no que o obxectivo principal era gozar e compartir coas familias e o público en xeral todas as experiencias que os nenos e nenas levaron a cabo durante o curso escolar, sendo eles mesmos os que presentaron e explicaron as propostas. Foi un día de feira  marabilloso que, sen dubida, terá continuidade.

STETAMFest
Cartaz do STETAMFest

Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión dos centros educativos. Curso 2024-2025

Summary: 

Actividade formativa de 8 horas de duración para equipos directivos, da que se realizarán dúas edicións: 15 de xullo e 21 de setembro. A inscrición da xornada do 21 de setembro xa está aberta en Fprofe.
Gallego

Competencias profesionais: 

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional

Obxectivos:

  1. Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  2. Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  3. Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.

Contidos: 

  1. Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
  2. Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402003

imaxe

File: 

Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión dos centros educativos. Curso 2024-2025

Summary: 

Realizaranse dúas quendas deste actividade formativa: 15 de xullo e 21 de setembro. Está aberta a inscrición en Fprofe da formación do 15 de xullo: G2302054.
Undefined

Competencias profesionais:

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional

Obxectivos: 

  1. Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  2. Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  3. Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.

Contidos: 

  1. Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
  2. Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...

Máis información sobre a xornada do 15 de xullo en Fprofe: G2302054 ou escribindo a cafi.equipos.directivos1@edu.xunta,gal

 

imaxe

Boa práctica de centro. CEIP de Bemantes

Gallego

Encontro coas árbores. Escoitar, seguir e descobrer.

Contextos de aprendizaxe

A sociedade de hoxe en día dá unha excesiva importancia á adquisición de coñecementos, con todo, as investigacións máis recentes en ciencias humanas están a poñer de manifesto que, non soamente non son beneficiosos, senón que nin sequera resultarán útiles para a sociedade. Esta educación centrada en impartir coñecementos está a impedir que os nenos e as nenas desenvolvan a súa capacidade creativa, a súa sensibilidade para captar valores que o medio lles ofrece (beleza, harmonía, acougo, paz, bondade…) e a súa habilidade para situarse no lugar dos demais; é dicir, para lograr unha “empatía”.

Os nenos e nenas teñen a necesidade de observar, vivir e experimentar a súa contorna máis próxima, e este é o obxectivo deste proxecto de investigación: “O encontro coas árbores”, porque pensamos que canto máis delicadas e sensibles sexan as relacións coa realidade, maior riqueza terá a vida pero sobre todo, permitirá fuxir dunha visión simple e estereotipada da realidade.

Ao longo deste proxecto experimentamos os contextos dos diferentes encontros coas árbores que permitiron observar os seus detalles para así ampliar o seu poder de coñecer, sentir, percibir e imaxinar.

Esta experiencia pedagóxica pretende ser un testemuño de como, a través de escóita, as persoas adultas podemos recoñecer o potencial da infancia e descubrir a súa cultura, pero para iso antes, deberemos confiar nela.

Os obxectivos deste proxecto eran tres.

  • O primeiro, foi crear dinámicas de participación e escoita nas conversacións para poder intercambiar pensamentos ou opinións e así, favorecer a construción de relacións de confianza entre iguais.
  • O segundo, foi deseñar contextos significativos e ricos en oportunidades de observación, exploración e de relación para así ampliar a súa poder de coñecer, sentir, percibir e imaxinar a realidade.
  • O terceiro, coñecer as posibilidades das diferentes linguaxes expresivas como recurso para representar e comprender a realidade.

A proposta estivo dirixida a pequenos grupos (compostos de dous a tres nenos e nenas de tres a seis anos). Elaboráronse unha serie de preguntas que guiaron a nosa observación e deseñaron táboas de rexistro, abertas a posibles modificacións segundo considerouse necesario.

  • Que dinámicas ou estratexias favoreceron ou dificultaron as conversacións en pequeno grupo?
  • Cales son as relacións que os nenos e nenas establecen coas árbores?
  • Como foron construíndo a súa relación coas diferentes linguaxes expresivas?

A arte da conversa

Conversar é moito máis que falar. Ao conversar os nenos intercambian ideas, desenvolven a linguaxe e distintas habilidades da comunicación como describir, explicar e argumentar. Cando as nenas e nenos conversan, manifestan as súas opinións e se senten escoitados e valorados participan con maior interese xa que senten que pertencen. Se propiciamos un clima de intercambio entre todos, logramos que poñan en práctica a súa capacidade para convivir e contribuír de maneira democrática na aula.

Aula do CEIP de Bemantes
Aula do CEIP de Bemantes

Boa práctica. CEE María Mariño

Summary: 

A conciencia fonolóxica (CF) é unha habilidade previa e necesaria para a lectura e a escritura. Un lector competente coñece as correspondencias entre as letras ou grafemas e os sons ou fonemas que representan. A CF é clave para ser un lector competente, con base nesta formulación e en traballos realizados nas aulas anteriormente estableceuse a necesidade de material didáctico deseñado en lingua galega.
Gallego

Este material é ideal para nenos/as en idade escolar desde Educación Infantil a Educación Primaria (1º ciclo de primaria).

 

1720001154310(1)(1)

Fig 1.  Caixa do material

O material consta de 70 discos e de 175 tarxetas, resulta innovador e moi motivante dado que é un formato que permite traballar a Conciencia Fonolóxica dunha maneira pautada, sistemática e progresiva (de menor a maior dificultade) tendo en conta a elaboración de tarefas en Conciencia Fonolóxica; desde a conciencia silábica, á intrasilábica e a conciencia fonémica.

O material é de carácter manipulativo e lúdico, podendo traballar en grupos con diferente número de integrantes, así como a nivel individual, favorecendo a creación de multitude de actividades por parte do profesor. O material está baseado na imaxe (en cor) o que resulta moi atractivo e motivador para os nenos. Alén diso, este material facilita a adquisición de vocabulario de diferentes centros de interese en lingua galega.

O material elaborouse para traballar a conciencia léxica, silábica e fonémica.

  1. Bloque de conciencia léxica

A conciencia léxica fai referencia á capacidade de identificar e manexar de forma deliberada as palabras que compoñen as frases. Pódese traballar coas palabras de todos os demais bloques.

  1.  Bloque de conciencia silábica

A conciencia silábica é a habilidade para segmentar e manipular as sílabas que compoñen as palabras.

1720002721132

Fig.1. Exemplos de discos de conciencia silábica

  1.  Bloque de conciencia fonémica

A conciencia fonémica é a habilidade para segmentar e manipular as unidades máis pequenas da fala, que son os fonemas (sons).

1720002721140

Fig.2. Exemplos de discos de conciencia fonémica

Numerosas investigacions mostran resultados significativos na lectura despois da intervención na conciencia fonolóxica no alumnado con e sin dificultades na aprendizaxe. Este material será de axuda para o alumnado galego na mellora da súa compentecia lectora.

Boa práctica. IES Isidro Parga Pondal

Summary: 

IES Isidro Parga Pondal, de Carballo, traballa a horta escolar dende fai 4 anos coa súa implementación a través do seu Plan de Formación Permanente do Profesorado.
Undefined

A Horta Escolar do IES de Carballo: Unha Experiencia de Inclusión e Sustentabilidade

Unha Iniciativa en Crecemento

O IES de Carballo leva traballando a horta escolar dende fai 4 anos, implementando este proxecto a través do seu plan de formación. Esta iniciativa non só embelece o centro, senón que tamén serve como unha ferramenta educativa multifacética.

Obxectivos Clave

A horta escolar persegue dous obxectivos fundamentais:

  1. Integración do Alumnado con NEAE:

    • Fomenta a participación activa dos estudantes con necesidades educativas especiais.
    • Proporciona un entorno de ensino-aprendizaxe inclusivo.
    • Aplica medidas de igualdade, permitindo que todos os alumnos se sintan valorados e incluídos.
  2. Traballar os ODS:

    • Integra os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS) na práctica docente.
    • Promove unha visión educativa orientada ao desenvolvemento global sostible.
    • Sensibiliza ao alumnado sobre a importancia da sustentabilidade e o coidado do medio ambiente.

Un Modelo de Innovación e Benestar

Destaca o gran traballo do centro, enfocado na busca do benestar emocional do alumnado. A implementación da horta escolar é unha práctica integradora e innovadora que se reflicte positivamente na etapa de secundaria. Esta práctica non só promove habilidades prácticas e teóricas, senón que tamén fortalece a comunidade escolar, creando un ambiente de colaboración e respecto mutuo.

Horta escolar do IES Isidro Parga Pondal
Horta escolar do IES Isidro Parga Pondal

Boa práctica. IES Maximino Romero de Lema

Gallego

IES Maximino Romero: Fomentando a Igualdade e Inclusión a través da Tecnoloxía e a IA

Un Curso Cheo de Innovación

Desgacamos do IES Maximino Romero neste curso á utilización de tecnoloxía e intelixencia artificial (IA) para fomentar a igualdade e a inclusión no seu alumnado. Aquí presentámos unha mostra de traballos realizados no centro.

Talentos Inclusivos: Un Proxecto Innovador

Días atrás partiparon na feira de Talentos Inclusivos presentando un proxecto destinado a romper as barreiras comunicativas dunha usuaria de ASPACE (Parálise cerebral) utilizando IA:

Premios e Recoñecementos

Algúns dos traballos do alumnado recibiron premios e recoñecementos significativos:

  • A melodía da vida: 2º premio do SERGAS.
  • Educando na diversidade: 1º premio no Certame de Curtas de Nigrán.
  • Namórate do rural: Mención de honra no premio convocado polas ANPAS GALEGAS.
  • Pon a melodía da igualdade na túa vida:

Iniciativas Adicionais

Outras iniciativas destacadas inclúen:

  • Fomento do uso do galego e atención á diversidade:
  • El rap que desconecta: Un proxecto de atención á diversidade.
  • Descubre a igualdade a través da IA:

Formación en Intelixencia Artificial

Ademais, durante este curso, dentro do proxecto de formación permanente do profesorado, levaron a cabo unha acción formativa para o profesorado e o alumnado en intelixencia artificial dende educación primaria até bacharelato e FP. Ao mesmo tempo, profesorado do centro realizou formación para o profesorado en vario centros de varias provincias para participar en distintos plans de formación co profesorado. En todas as formacións prepararons materiais que foron depositados nas distintas aulas virtuais dos centros en cuestión.

O IES Maximino Romero continúa a traballar para romper barreiras e fomentar un entorno educativo inclusivo e innovador, demostrando que a tecnoloxía e a IA poden ser ferramentas poderosas para o cambio positivo na educación.

Participación do IES Maximino Romero de Lema en Talentos inclusivos
Participación do IES Maximino Romero de Lema en Talentos inclusivos

G2301039 Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva da comunidade educativa

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 15, 22 e 29 de maio na Escola Galega de Administración Pública e o 5 de xuño no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela (Santiago de Compostela).
Gallego
  • Obxectivos: 

1.Promover un liderado distribuído e eficaz no centro educativo encamiñado á mellora da calidade educativa.

2.Fomentar as técnicas de traballo colaborativo entre a comunidade educativa facendo fincapé no traballo do equipo docente.

3.Promover activamente a interacción verbal adaptándose ao contexto dos interlocutores.

  • Contidos: 

1.Liderado.

2.Comunicación.

3.Xestión emocional.

4.Resolución de conflitos.

5.Habilidades sociais.

6.Comunicación verbal e non verbal.

7.Oratoria.

  • Competencias profesionais:

Competencia en organización escolar e colaboración - Traballo en equipo

Competencia en organización escolar e colaboración - Liderado distribuído

 

imaxe
G2301039 Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva da comunidade educativa

G2301039 Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva da comunidade educativa

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 15, 22 e 25 de maio na Escola Galega de Administración Pública e 0 5 de xuño no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela.
Undefined
  • Obxectivos: 

1.Promover un liderado distribuído e eficaz no centro educativo encamiñado á mellora da calidade educativa.

2.Fomentar as técnicas de traballo colaborativo entre a comunidade educativa facendo fincapé no traballo do equipo docente.

3.Promover activamente a interacción verbal adaptándose ao contexto dos interlocutores.

  • Contidos: 

1.Liderado.

2.Comunicación.

3.Xestión emocional.

4.Resolución de conflitos.

5.Habilidades sociais.

6.Comunicación verbal e non verbal.

7.Oratoria.

  • Competencias profesionais: 
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Traballo en equipo
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Liderado distribuído