O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
A Xornada G2402024 HISTORIA, USOS E APRENDIZAXE DA LINGUA ESCRITA que terá lugar o sábado 16 de novembro no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela e que ten como destinatarios o profesorado das etapas de infantil e primaria na que tentaremos respostar a estas preguntas:
Que implica ensinar a ler e escribir?
Estamos formando lectores e escritores competentes?
Sabemos crear contextos que inviten a ler, escribir, falar e escoitar?
Como se respecta a diversidade do alumnado ante o difícil reto de mellorar a competencia lectora e escrita?.
Adxúntovos Programa da Xornada para difusión ao claustro por si fora do voso interese.
Aberto o prazo de inscripción en Fprofe co código G2402024:https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaBusquedaInscricionCursos.do
Summary:
Actividade para abordar o ensino e aprendizaxe do sentido numérico en educación primaria, experimentar a vivenciación e manipulación nas aulas de matemáticas de educación primaria e levar a cabo experiencias de vivenciación e manipulación de xeito guiado na aula.
Data de celebración: sábado 16 de novembro
Lugar de celebración: Palacio de Congresos de Santiago de Compostela
Horario: 9:00 - 20:00h
Horas: 8 horas
A celebración da Xornada: Historia, usos e aprendizaxe da lingua escrita xustificase pola necesidade de crear un espazo onde profundizar no proceso de ensino-aprendizaxe da lectura e a escritura dende un enfoque proposto por Myriam Nemirovsky, baseado nas investigacións de Emilia Ferreiro sobre o modo no que as nenas e nenos aprópianse do sistema de escritura
Obxectivo:
Difundir boas prácticas ao redor do ensino e a aprendizaxe inicial da linguaxe escrita, desde un enfoque significativo e funcional, intercambiando experiencias ao redor deste enfoque metodolóxico
Inscrición en fprofe: G2402024
Programa provisional
File:
Summary:
File:
Summary:
Programar por ámbitos a través dos novos currículos en educación primaria
Curso presencial de 20 horas (17 horas presenciais e 3 non presenciais)
Datas /Horario:
15, 21 e 28 de febreiro
6 e 13 de marzo
16:30h a 20:30h
Lugar de celebración: CAFI. Santiago de Compostela
Código en FPROFE: S2301096
Aberto prazo de inscrición
Summary:
Anúnciase a dispoñibilidade de vacantes nas seguintes actividades polo que se amplía o período de inscrición:
Consultar a data límite de inscrición, requisitos, lugares de celebración e outra información nas respectivas fichas de cada unha das actividades.
Inscrición en FPROFE https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Summary:
Os días 11, 18 e 22 de novembro teremos unha formación no CAFI en torno a metodoloxías activas para fomentar a innovación e a inclusión na práctica docente.
Contaremos coa participación de Lidia Gómez Boga tecendo redes de inclusión; Laura Lorenzo Diz para traballar ABP e aprendizaxe cooperativa; Javier García García para ver a avaliación nas metodoloxias activas; Maiuca Cortón Tesouro con propostas didácticas innovadoras para aula e Carlos González Florez para dar a súa perspectiva dende neurodidáctica.
Summary:
O curso explorará diferentes formas de incluír a aprendizaxe baseada en xogos e a gamificación na aula para promover a aprendizaxe activa, mellorar a participación dos estudantes e facilitar a adquisición e retención de coñecementos. Os participantes aprenderán como introducir a dinámica dos xogos na súa práctica docente xeral e desenvolver plans de leccións específicos por materia que utilicen a gamificación da maneira máis efectiva desde o punto de vista pedagóxico.
Summary:
Mira o que temos en Aula Nova para prestar.
Preme aquí: PRÉSTAMO
Tema:
Sección: