G2401085 Vivenciación matemática na aula. O sentido da medida e o sentido espacial en educación primaria

Curso de vivenciación das matemáticas na aula. O sentido da medida e o sentido espacial en educación primaria
Vivenciación das matemáticas
Mér, 08/01/2025 - 14:04
G2401085 Vivenciación de matemáticas na aula.  O sentido da medida e o sentido espacial en E.P

Para ser competentes en matemáticas, o alumnado debe de adquirir unha serie de competencias específicas a través de saberes básicos. Estes saberes recóllense en 6 sentidos matemáticos que se traballan na aula. Neste curso traballaremos:

  • O sentido da medida baséase na comprensión e na comparación de atributos dos obxectos, entendendo as unidades e os instrumentos necesarios para facer medicións e relacionar as formas e medidas.
  • O Sentido espacial relaciónase cos aspectos xeométricos do mundo e constitúese pola identificación, representación e clasificación de formas, así como as súas propiedades, relacións e movementos.

 

Información importante:

  • Relatora: Marta Pérez Rodríguez
  • Datas:
    • 26 de febreiro
    • 12 de marzo
    • 19 de marzo
  • Horario: de 17:00 a 20:30h