Gallego

L1201012 - Uso dos novos medios na aula, a competencia dixital

Summary: 

1. Fomentar as competencias do profesorado na aplicación das tecnoloxías da información e da comunicación vinculadas á aprendizaxe de contidos de diferentes áreas (matemáticas, lingua...). 2. Manexar os recursos multimedia existentes nos centros educativos, valorando as súas posibilidades educativas. 3. Elaborar materiais didácticos que aproveiten ao máximo as posibilidades dos novos medios.
Gallego

L1201012   Uso dos novos medios na aula, a competencia dixital

COMEZO: 18 de Outubro
 
REMATE: 20 de Novembro
 
Duración: 30 horas
 
Lugar de celebración: Aula 1 do CFR de Lugo
 
Programa da actividade (PDF) 

Data: 

15/10/2012 - 25/10/2012

Sección: 

Áreas-CAFI: 

III Encontros de Primaria, 8 e 9 de xuño en Culleredo

Summary: 

Os día 8 e 9 de xuño de 2012 celebraranse os IIII Encontros de Educación primaria no IES Universidade Laboral (Culleredo). A inscrición farase na aplicación informática fprofe.
Gallego

Os día 8 e 9 de xuño de 2012 celebraranse os IIII Encontros de Educación primaria no IES Universidade Laboral (Culleredo).

A inscrición farase na aplicación informática fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe sendo a data límite o vindeiro martes, 5 de xuño.

Trátase dunha actividade de ámbito autonómico organizada polo CAFI.

Os obxectivos propostos son:

  1. Motivar ao profesorado de primaria aportándolles novas perspectivas e facilitándolles a manifestación de necesidades / inquedanzas sobre a súa labor educativa.

  1. Acometer os novos retos que propón a LOE, como son: sinalar a importancia fundamental desta etapa; previr e atender as dificultades de aprendizaxe no momento de detectalas; procurar a adquisición das competencias básicas.

  2. Promover a comunicación e intercambio de experiencias entre o profesorado.

    Preténdese crear un espazo onde compartir experiencias e facer visible boas prácticas de aula

Na seguinte ligazón pódese descargar o PROGRAMA DOS ENCONTROS

xornadas primaria