III Encontros de Primaria, 8 e 9 de xuño en Culleredo

Os día 8 e 9 de xuño de 2012 celebraranse os IIII Encontros de Educación primaria no IES Universidade Laboral (Culleredo). A inscrición farase na aplicación informática fprofe.
Mar, 01/05/2012 - 12:38
xornadas primaria

Os día 8 e 9 de xuño de 2012 celebraranse os IIII Encontros de Educación primaria no IES Universidade Laboral (Culleredo).

A inscrición farase na aplicación informática fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe sendo a data límite o vindeiro martes, 5 de xuño.

Trátase dunha actividade de ámbito autonómico organizada polo CAFI.

Os obxectivos propostos son:

  1. Motivar ao profesorado de primaria aportándolles novas perspectivas e facilitándolles a manifestación de necesidades / inquedanzas sobre a súa labor educativa.

  1. Acometer os novos retos que propón a LOE, como son: sinalar a importancia fundamental desta etapa; previr e atender as dificultades de aprendizaxe no momento de detectalas; procurar a adquisición das competencias básicas.

  2. Promover a comunicación e intercambio de experiencias entre o profesorado.

    Preténdese crear un espazo onde compartir experiencias e facer visible boas prácticas de aula

Na seguinte ligazón pódese descargar o PROGRAMA DOS ENCONTROS