Gallego

L2401019 Linguaxe de programación Python nos Polos creativos

Summary: 

18 horas presenciais no CFR de Lugo
A actividade desenvolverase no mes de maio
Gallego

Este mes de maio teremos unha actividade máis de Polos Creativos. En L2401019 Linguaxe de programación Python nos Polos creativos aprenderemos esta linguaxe específica de programación para desenvolver proxectos na aula e no centro. Rubén Beiroa e Marc Badosa encargaranse dos relatorios, que terán lugar os días 5, 7, 12, 14, 19 e 21 de maio de 16:30 horas a 19:30 horas. O prazo de inscrición atópase aínda aberto en Fprofe.

 

Obxectivos

1. Aprender unha linguaxe de programación avanzada nos Polos creativos.

2. Escribir programas sinxelos con Python nos Polos creativos.

3. Deseñar proxectos que inclúan programación en Python nos Polos creativos.

 

Contidos

1. Primeiros pasos na linguaxe de programación Python: conceptos básicos.

2. Cadernos de Jupyter nos Polos Creativos.

3. Prototipos nos Polos creativos que precisen unha programación avanzada con Python.

python

L2403002 - Encontros de cargos directivos. Curso 2024-2025

Summary: 

Actividade dirixida a equipos directivos de centros educativos públicos.
Prazo de incrición: Ata o 11 de marzo en Fprofe.
Lugar de celebración: CIFP As Mercedes de Lugo.
Data de celebración: sábado 22 de marzo.
Horario: De 09:30 a 14:30h. (sesión de mañá) e de 16:30 a 19:30h. (sesión de tarde).
Gallego

Obxectivos

1.Xestionar e coñecer a normativa que afecta aos centros educativos.

2.Afondar no coñecemento das medidas de atención á diversidade.

3.Avanzar na mellora da dirección escolar.

 

Relator@s:

  • Francisco J. Bellas Bouza (Escola Politécnica de Enxeñería · Ferrol)

Uso responsable da Intelixencia Artificial en educación

  • Josefa Paulos Lareo e Óscar M. Rey Calo (IES M. Romero de Lema · Baio)

O impacto da Intelixencia Artificial no centro educativo

  • Olalla Méndez Arias (EOE de Lugo) e Álvaro Abuín Mallo (IES Santiago Basanta Silva · Vilalba)

Que podemos facer no centro para mellorar a inclusión educativa?

 

→ Colabora ACADILUP (Asociación de Cargos Directivos de Lugo e Provincia).

 

Equipo directivo
Traballamos en equipo

L2401018 Lingua de signos. Curso medio

Summary: 

A actividade terá lugar en xoves entre marzo e abril
O curso conta con 30 horas, 9 delas son non presenciais
Gallego

Á volta do Entroido teremos unha das formacións máis relevantes deste curso. Adentrámonos nunha linguaxe máis que necesaria nas nosas aulas. A través da actividade L2401018 Lingua de signos. Curso medio obteremos os coñecementos necesarios para afrontar con garantías un dos maiores retos aos que se pode enfrontar un docente no seu centro educativo.

Esta formación terá lugar entre o 6 de marzo e o 10 de abril no CFR de Lugo. Contará cun total de 30 horas, 9 delas non presenciais. As sesións desenvolveranse os xoves entre as 16:30 horas e as 20:00 horas. Cabe recordar que para acceder a esta actividade é necesario acreditar un nivel básico de LSE. Se estás interesado en inscribirte nesta formación, podes facelo a través do seguinte enderezo de correo electrónico: cfr.lugo.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal

Obxectivos

1. Adquirir un nivel medio de comprensión, expresión e interacción en lingua de signos.

2. Coñecer e aplicar as habilidades de expresión corporal necesarias para unha produción media en LSE.

3 .Fomentar a integración do alumnado con discapacidade auditiva na dinámica do centro escolar.

 

Contidos

1. Creación de situacións significativas no desenvolvemento da capacidade de aprender e na xestión dos afectos nun contexto de aprendizaxe coa riqueza engadida do alumnado con discapacidade auditiva.

2. Acceso ao currículo do alumnado con discapacidade auditiva.

3. A lingua de signos coma sistema lingüístico: gramática, léxico e pragmática a nivel medio.

4. Destrezas corporais, espaciais e proxémicas de cara ao ensino aprendizaxe coa lingua de signos a nivel medio.

5. Referentes, saberes e comportamentos socioculturais de cara ao ensino aprendizaxe coa lingua de signos.
 

lse

G2401015 Atención ao alumnado con trastorno específico da linguaxe dende a orientación educativa

Summary: 

Curso de 20 horas: 16 horas presenciais e 4 non presenciais
Gallego

Obxectivos

1.Afondar no coñecemento das características e necesidades educativas do alumnado con trastorno específico da linguaxe.

2.Adquirir estratexias e recursos para dar unha resposta inclusiva ao alumnado con trastorno específico da linguaxe.

3.Deseñar, implementar e avaliar plans de intervención para a atención a este alumnado.

Contidos

1.Características e necesidades educativas do alumnado con con trastorno específico da linguaxe.

2.Recursos para dar unha resposta inclusiva ao alumnado con trastorno específico da linguaxe.

3.Deseño, implementación e avaliación de plans de intervención para a atención do alumnado con trastorno específico da linguaxe.

Observacións

Esta actividade formativa ten 4 horas non presenciais que se desenvolverán mediante unha proposta didáctica. Cada participante terá que xustificar ou dar conta do traballo desenvolvido, en relación á devandita proposta, nunha sesión de posta en común

G2401015  Atención ao alumnado con trastorno específico da linguaxe dende a orientación educativa

G2401029 - Equipos directivos. A xestión do centro docente como organización. Curso 2024-2025

Summary: 

Actividade formativa para os equipos directivos en activo. Días: 19 de febreiro, 12 e 19 de marzo e 9 de abril.
Gallego

Competencias profesionais: 

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Deseño, coordinación e execución de propostas

Obxectivos: 

  1. Xestionar procesos, recursos e documentación do centro.
  2. Empregar técnicas efectivas de xestión de recursos.
  3. Participar activamente en proxectos e programas levados a cabo no centro, deseñando propostas de mellora.

Contidos: 

  1. Imaxe institucional.
  2. Xestión por proxectos.
  3. Planificación.
  4. Organización educativa.
  5. Avaliación.
  6. Prevención de riscos laborais.
  7. Manual de autoprotección.
  8. Xestión de recursos (económicos, humanos, de tempo, espazos, servizos complementarios...).
  9. A calidade educativa.

Datas e horarios: 

  • Mércores,19 de febreiro: 10:00 - 14:00 (13:00 - 14:00 Café de traballo) e 14:00 - 18:00
  • Mércores, 12 de marzo: 09:30 - 13:30
  • Mércores, 19 de marzo: 09:30 - 13:30
  • Mércores, 9 de abril: 09:30 - 13:30

Lugar de realización: 

  •  Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela. 

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2401029.

 

imaxe

L2401009 Atención educativa do alumnado con TDAH 

Summary: 

Actividade de 20 horas, 5 delas non presenciais
María Cristina Casal Pena, Octavio Augusto Susacasa Noval e Ana Fátima Gómez Suárez serán os relatores da actividade
Gallego

O 6, 13, 20 e 27 de febreiro desenvolveremos a actividade L2401009 Atención educativa do alumnado con TDAH no CFR de Lugo. Contaremos coa presenza de María Cristina Casal Pena, Octavio Augusto Susacasa Noval e Ana Fátima Gómez Suárez como relatores.
Este curso, en colaboración coa Fundación INGADA, pretende contribuír á formación continuada na abordaxe do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), responder á necesidade de identificar as características do alumnado e comprender as dificultades ás que se presenta este alumnado e os seus diferentes estilos de aprendizaxe.

A actividade contará cun total de 20 horas, das cales 5 serán non presenciais. Estas xustificaranse coa entrega dun proxecto co se poderá, de forma voluntaria, optar á beca. O proxecto poderá entregarse desde o 28 de febreiro ata o 27 de marzo. Poderán facelo de forma colaborativa ata tres persoas do mesmo centro.

Aínda estás a tempo de inscribirte a través de FProfe. Se precisas máis información, contamos cun curso creado na aula virtual do CFR, no apartado da Área Lingüística e Social. Así mesmo, facilitamos o enderezo de correo electrónico da asesora da actividade Marta Arias López: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.gal

 

OBXECTIVOS

1. Coñecer as características do TDAH.

2. Adquirir estratexias metodolóxicas e de autorregulación da conduta así como das distintas técnicas, medidas e recursos que favorecen a atención educativa do alumnado con TDAH.

3. Experimentar na aula propostas metodolóxicas e recursos que melloren a resposta educativa e a inclusión do alumnado con TDAH.

 

CONTIDOS

1. Características do TDAH. Estratexias metodolóxicas, de autorregulación emocional e manexo da conduta.

2. Medidas e recursos que favorecen a atención ao alumnado con TDAH. Organización de espazos e tempos. Adaptación de probas de avaliación.

3. Metodoloxías inclusivas. Experiencias prácticas.

tdah

L2401001 A atención á diversidade na aprendizaxe da lectura e a escritura

Summary: 

22 horas de formación, 4 delas non presenciais
A inscrición segue aberta en FProfe
Gallego

O 31 de xaneiro, 1 de febreiro, 14 e 15 de marzo desenvolveremos a actividade L2401001 A atención á diversidade na aprendizaxe da lectura e da escritura. Por primeira vez temos a gran oportunidade de contar no CFR de Lugo coa presenza de Julián Palafón López, (doutor en Ciencias da Educación, psicólogo e pedagogo) que fará unha abordaxe desde a evidencia científica.

Julián Palafón imparte docencia universitaria relacionada coas dificultades de aprendizaxe na Universidade Internacional de Valencia e é membro do grupo INDEA (Equipo de intervención en dificultades de aprendizaxe e trastornos da linguaxe). Aínda estás a tempo de desfrutar desta actividade. A inscrición segue aberta en FProfe pero por pouco tempo!

 

OBXECTIVOS

1. Coñecer as bases neurolóxicas da aprendizaxe da lectura e da escritura.

2. Reflexionar sobre os distintos métodos de aprendizaxe para a atención á diversidade.

3. Achegarse a novas ferramentas e recursos de axuda no proceso de aprendizaxe para atención á diversidade.

 

CONTIDOS

1. Bases neurolóxicas da lectura e da escritura.

2. Métodos de aprendizaxe.

3. Dificultades de aprendizaxe. Adaptacións metodolóxicas , ferramentas e recursos.

lectura

L2401044 Formación para profesorado en chinés. Nivel A1.2

Summary: 

60 horas presenciais na EOI de Lugo
Poderás adquirir un nivel básico no idioma chinés
Gallego

A globalización chega ao CFR de Lugo da man da actividade L2401044 Formación para profesorado en chinés. Nivel A1.2. 60 horas presenciais que permiten adquirir un nivel básico neste idioma universal. A actividade desenvolverase do 20 de xaneiro de 2025 ata o 19 de maio deste mesmo ano na EOI de Lugo. As sesións terán lugar os luns e os mércores de 18:00 horas a 20:00 horas. Para acceder á formación debe poder acreditarse o nivel A1.1 en chinés. Xa podes anotarte nesta actividade a través de FProfe! A que estás agardando?

 

OBXECTIVOS

1. Comprender e producir textos orais de nivel de lingua A1.2.

2. Comprender e producir textos escritos de nivel de lingua A1.2.

3. Adquirir coñecementos iniciais sobre a cultura chinesa.

 

CONTIDOS

1. Contidos socioculturais e sociolingüísticos propios do nivel A1.2 (fórmulas de cortesía, relacións sociais, etc.).

2. Contidos estratéxicos, funcionais e discursivos propios do nivel A1.2 (felicitar, pedir e dar información sobre datos persoais, datas, etc.).

3. Contidos sintácticos e léxicos propios do nivel A1.2 (ampliación información persoal básica, actividades, etc.).

4. Contidos fonético-fonolóxicos e ortotipográficos propios do nivel A1.2 (fonemas, tons, pinyin, trazos, etc.).

chines

L2401022 Metodoloxías activas no traballo interdisciplinario en educación

Summary: 

20 horas de formación no segundo trimestre, 3 delas son non presenciais
Ana Murcia, Irene Yáñez, Laura Lorenzo e Pablo Trashorras exercerán de relatores
Gallego

Iniciamos o segundo trimestre por todo o alto! Nos próximos meses de xaneiro e febreiro contaremos no CFR de Lugo con esta interesante actividade: L2401022 Metodoloxías activas no traballo interdisciplinario en educación. 20 horas de formación (3 delas non presenciais) que terán lugar nas seguintes datas: 24 e 29 de xaneiro; 5, 12 e 19 de febreiro. Nesas sesións afondarase sobre temáticas tan interesantes como DUA, ABP, Cooperativo, Flipped Classroom, Gamificación, etc. Se desexas inscribirte na mesma, aínda podes facelo a través de FProfe!

 

Relatores

Laura Lorenzo (ABP e Cooperativo).

Ana Murcia (DUA, Docencia Compartida e Estacións de Aprendizaxe).

Pablo Trashorras (Flipped Classroom e Gamificación).

Irene Yáñez (cambio metodolóxico).

 

Obxectivos

1. Coñecer e analizar as características e estrutura da programación por ámbitos.

2. Organizar os recursos temporais e espaciais.

3. Establecer procedementos e instrumentos de avaliación.

 

Contidos

1. A escola activa.

  1.1. O traballo interdiciplinario: a programación por ámbitos.

  1.2. Principios metodolóxicos: as metodoloxías activas.

2. Organización dos recursos temporais e espaciais.

3. Criterios, instrumentos e procedementos de avaliación.

4. Boas prácticas educativas do traballo interdisciplinario.

metodoloxias

G2402036 - Formación específica para o exercicio das funcións da secretaría nos centros educativos

Summary: 

Actividade formativa para as persoas secretarias dos centros educativos os días 28 de novembro, 16 de xaneiro e 13 de febreiro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela. 
Gallego

Competencias profesionais

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade.
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Coñecemento da normativa actualizada.

Obxectivos:

  1. Coñecer os aspectos normativos aplicables na secretaría dun centro educativo da Consellería de Educación.
  2. Saber xestionar os recursos económicos e persoais dun centro educativo da Consellería de Educación.
  3. Favorecer a adquisición e actualización das competencias precisas das persoas secretarias dos centros educativos.

Contidos:

  1. Normativa aplicable na secretaría dun centro educativo da CECUFP.
  2. Xestión teórico-práctica dos recursos económicos e do persoal no docente do centro educativo.
  3. Prevención de riscos laborais.

Datas e horario:

  • Xoves, 28 de novembro de 2024. De 09:30 a 14:00.
  • Xoves, 16 de xaneiro de 2025. De 09:30 a 14:00.
  • Xoves, 13 de febreiro de 2025. De 09:30 a 14:00.  

Lugar de realización:

  • Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela. 

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402036.

IMAXE