L2301003 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación secundaria
Enviado por portalcfrlugo a Mér, 20/12/2023 - 11:21Summary:
Seguimos mostrándovos as primeiras actividades que desenvolveremos no 2024. Hoxe é o turno de L2301003 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación secundaria. Un curso que ofrece un novo prisma de oportunidades ao noso profesorado e que contará cos seguintes relatores: Lara Crespo (formadora e consultora educativa), Pablo J. Díaz Tenza (mestre e escritor, autor do libro: “Situaciones del aprendizaje”), Laura Calaza (IES Moncho Valcarce), Iván Gómez (CFR Ourense), Sonia González (IES Muralla Romana) e Miguel Martínez (CEIP Albeiros). A actividade, que aínda mantén o prazo de inscrición aberto, desenvolverase no CFR Lugo entre os meses de febreiro e marzo. Terá unha duración dun total de 20 horas.
Datas
7 e 20 de febreiro de 17:00 horas a 19.30 horas; 22 e 29 de febreiro de 16:00 horas a 20:00 horas; 7 de marzo de 16:00 horas a 20:00 horas e 14 de marzo de 17:00 horas a 20:00 horas.
Obxectivos
1. Identificar as fases de implementación da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) para elaborar situacións de aprendizaxe.
2. Adquirir técnicas, dinámicas e estruturas para levar a cabo as situacións de aprendizaxe.
3. Formular propostas de avaliación na implementación da metodoloxía activa de aprendizaxe.
Contidos
1. Elementos que compoñen a situación de aprendizaxe.
2. Deseño da situación de aprendizaxe e como se implementa na metodoloxía escollida (ex. ABP).
3. Relación da estratexia metodolóxica seleccionada e das situacións de aprendizaxe creadas cos elementos curriculares.