G2302009 Investiga. Docentes con pensamento crítico
CONTEXTO
Esta é a primeira actividade formativa do itinerario de investigación. O itinerario nace da concepción dos/das docentes como profesionais competentes que toman decisións informadas e, coa debida formación, poden levar a cabo as súas propias investigacións para recoller evidencias, analizar datos e sistematizar boas prácticas.
DESTINATARIOS E NIVEL
A actividade vai dirixida a profesorado de todos os niveis educativos que desexen adquirir un nivel competencial BÁSICO:
4.3.1. Identifica de forma crítica temas relevantes na práctica educativa sobre os que realizar investigacións.
4.3.4. Coñece e identifica os pasos do proceso de deseño dunha investigación educativa
OBXECTIVOS
Concienciar sobre a importancia da reflexión e o sentimento/pensamento crítico.
Identificar ciencia e pseudociencia educativa.
Valorar a investigación e o seu impacto social en termos de custo/beneficio.
CONTIDOS
Pensamento crítico en educación.
Ciencia e pseudociencia educativa.
Decisións informadas baseadas en estudos científicos.
FORMATO E DATAS
A actividade desenvolverase en dúas sesións de 4 horas cada unha e máis 2 horas de traballo autónomo na aula virtual.
-
Sesión 1, presencial: 29 de novembro (Salón de actos, CIFP Compostela), Fátima Mª García Doval
-
Sesión 2, vía Webex: 10 de xaneiro (online), Albert Reverter García