Gallego

G2402036 - Formación específica para o exercicio das funcións da secretaría nos centros educativos

Summary: 

Actividade formativa para as persoas secretarias dos centros educativos os días 28 de novembro, 16 de xaneiro e 13 de febreiro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela. 
Gallego

Competencias profesionais

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade.
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Coñecemento da normativa actualizada.

Obxectivos:

  1. Coñecer os aspectos normativos aplicables na secretaría dun centro educativo da Consellería de Educación.
  2. Saber xestionar os recursos económicos e persoais dun centro educativo da Consellería de Educación.
  3. Favorecer a adquisición e actualización das competencias precisas das persoas secretarias dos centros educativos.

Contidos:

  1. Normativa aplicable na secretaría dun centro educativo da CECUFP.
  2. Xestión teórico-práctica dos recursos económicos e do persoal no docente do centro educativo.
  3. Prevención de riscos laborais.

Datas e horario:

  • Xoves, 28 de novembro de 2024. De 09:30 a 14:00.
  • Xoves, 16 de xaneiro de 2025. De 09:30 a 14:00.
  • Xoves, 13 de febreiro de 2025. De 09:30 a 14:00.  

Lugar de realización:

  • Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela. 

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402036.

IMAXE

G2401030 - Equipos directivos. Como promover unha convivencia positiva no centro educativo. Curso 2024-2025

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración (6, 13, 20 e 27 de novembro) para equipos directivos.
Gallego

Competencias profesionais:

  • Competencia inclusiva, social e cidadá - Convivencia, mediación e resolución de conflitos.
  • Competencia en saúde, seguridade e benestar - Detección e xestión de situacións de risco.

Obxectivos: 

  1. Seleccionar e aplicar de forma autónoma estratexias para unha convivencia positiva.
  2. Promover activamente unha contorna escolar segura e exenta de violencias.
  3. Crear estruturas colaborativas para a aplicación de medidas preventivas de situacións de risco.

Contidos: 

  1. Normativa sobre inclusión, convivencia e igualdade.
  2. Prevención de conflitos e actuacións na comunidade educativa.
  3. Saúde mental e física.

 

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2401030.

Imaxe

G2401032 Estratexias para a prevención de condutas aditivas e problemáticas co uso de TRIC e aposta ou videoxogos

Summary: 

Curso de 20 horas: 5 non presenciais
Gallego

OBXECTIVOS:

1.Deseñar e aplicar en aula estratexias que coiden o correcto desenvolvemento físico e a protección integral da saúde.

2.Contextualizar e adaptar ao seu centro, experiencias e iniciativas de éxito sobre a prevención de condutas adictivas e establecer canles de comunicación e de colaboración coa comunidade educativa .

3.Avalíar e poñer en común con toda a comunidade escolar os resultados acadados, analizalos e facer propostas para a mellora e o avance.

CONTIDOS:

1.Conceptos claves e sinais de alarma. 

2.Momentos evolutivos de alto risco.

3.Problemas e riscos derivados do consumo de substancias, do uso das TIRC, dos videoxogos e das apostas.

4.Detección e atención precoz nas condutas adictivas.

5.Impacto social, familiar e escolar das condutas adictivas.

6.Actuacións e programas para a prevención de condutas adictivas nos centros educativos e do uso responsable das tecnoloxías dixitais.

7.Canles de colaboración como reforzo á acción educativa.

Enlace a fprofe

Condutas problemáticas e aditivas no uso das TRIC
Estrategias para a prevención das condutas aditivas e problemáticas no uso das TRIC e apostas ou videojogos

G2401111 - Formación para desenvolver a función directiva

Summary: 

Aberta a inscrición en Fprofe.
Gallego
imaxe

G2401022 Creando cultura inclusiva de centro

Summary: 

Xornada de formación de 10 horas
Een Santiago de Compostela na Escola Galega de Administración Pública o sábado 28 de setembro
Gallego

A implementación dunha educación inclusiva pode chegar a ser un camiño difícil e desigual. Supón un proceso dirixido a descubrir os beneficios da diversidade, adoptando actitudes e respostas positivas e de comprensión da diferenza de raza, clase social, orixe étnica, relixión, xénero e capacidades. Este proceso vai máis alá da aula ou mesmo da escola, é un proceso ecolóxico, onde a base é unha cultura sustentada nuns valores que dirixan as políticas e prácticas tanto educativas como sociais. Por iso, á hora de falar de inclusión debe abordarse a cultura organizativa e educativa, entendéndose esta tanto a nivel de centro educativo como de comunidade; unha cultura sustentada por uns principios eixos da acción. Noutras palabras, unha resposta positiva á diversidade depende dunha cultura e valores inclusivos, que promovan políticas e prácticas inclusivas, o que redundará en melloras nos centros educativos. 

Se queres descubir como aplicala, agardámoste nesta actividade:

Obxectivos: 

  1. Tomar conciencia da importancia de crear unha cultura de centro que garanta e vele pola inclusión de todo o alumnado e a participación de toda a comunidade educativa.
  2. Identificar e seleccionar os principios e valores que definen unha educación inclusiva así como as claves para implementar procesos de ensinanza e aprendizaxe inclusivos.
  3. Proporcionarlle ao profesorado boas prácticas sobre a creación da cultura inclusiva en centros educativos.

Contidos: 

  1. Marco teórico e normativo de referencia na creación de culturas inclusivas nos centros educativos.
  2. Definición de valores, actitudes, comportamentos e prácticas que promoven a inclusión e a equidade.
  3. Proxectos educativos referentes en cultura inclusiva.

Datos importantes:

  • Data: 28 de setembro
  • Horario: de 09:00 a 20:00h
  • Lugar: Escola Galega de Administración Pública  en Santiago de Compostela
  • Código en fprofe: G2401022
  • Inscrición aberta en fprofe para todos os corpos e especialidades

https://www.edu.xunta.gal/fprofe/

 

Creando cultura inclusiva de centro

Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión dos centros educativos. Curso 2024-2025

Summary: 

Actividade formativa de 8 horas de duración para equipos directivos, da que se realizarán dúas edicións: 15 de xullo e 21 de setembro. A inscrición da xornada do 21 de setembro xa está aberta en Fprofe.
Gallego

Competencias profesionais: 

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional

Obxectivos:

  1. Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  2. Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  3. Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.

Contidos: 

  1. Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
  2. Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402003

imaxe

File: 

Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión dos centros educativos. Curso 2024-2025

Summary: 

Realizaranse dúas quendas deste actividade formativa: 15 de xullo e 21 de setembro. Está aberta a inscrición en Fprofe da formación do 15 de xullo: G2302054.
Undefined

Competencias profesionais:

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional

Obxectivos: 

  1. Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  2. Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  3. Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.

Contidos: 

  1. Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
  2. Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...

Máis información sobre a xornada do 15 de xullo en Fprofe: G2302054 ou escribindo a cafi.equipos.directivos1@edu.xunta,gal

 

imaxe

G2301039 Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva da comunidade educativa

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 15, 22 e 29 de maio na Escola Galega de Administración Pública e o 5 de xuño no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela (Santiago de Compostela).
Gallego
  • Obxectivos: 

1.Promover un liderado distribuído e eficaz no centro educativo encamiñado á mellora da calidade educativa.

2.Fomentar as técnicas de traballo colaborativo entre a comunidade educativa facendo fincapé no traballo do equipo docente.

3.Promover activamente a interacción verbal adaptándose ao contexto dos interlocutores.

  • Contidos: 

1.Liderado.

2.Comunicación.

3.Xestión emocional.

4.Resolución de conflitos.

5.Habilidades sociais.

6.Comunicación verbal e non verbal.

7.Oratoria.

  • Competencias profesionais:

Competencia en organización escolar e colaboración - Traballo en equipo

Competencia en organización escolar e colaboración - Liderado distribuído

 

imaxe
G2301039 Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva da comunidade educativa

G2301039 Equipos directivos. Habilidades e destrezas para a xestión efectiva da comunidade educativa

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 15, 22 e 25 de maio na Escola Galega de Administración Pública e 0 5 de xuño no Centro Integrado de Formación Profesional Compostela.
Undefined
  • Obxectivos: 

1.Promover un liderado distribuído e eficaz no centro educativo encamiñado á mellora da calidade educativa.

2.Fomentar as técnicas de traballo colaborativo entre a comunidade educativa facendo fincapé no traballo do equipo docente.

3.Promover activamente a interacción verbal adaptándose ao contexto dos interlocutores.

  • Contidos: 

1.Liderado.

2.Comunicación.

3.Xestión emocional.

4.Resolución de conflitos.

5.Habilidades sociais.

6.Comunicación verbal e non verbal.

7.Oratoria.

  • Competencias profesionais: 
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Traballo en equipo
  • Competencia en organización escolar e colaboración - Liderado distribuído

 

Concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Summary: 

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024.
Gallego

Xúntase a Orde do 22 de marzo de 2024 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº67, do 5 de abril).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024.

A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación precisa, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente.

imaxe