Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión dos centros educativos. Curso 2024-2025
Actividade formativa de 8 horas de duración para equipos directivos, da que se realizarán dúas edicións: 15 de xullo e 21 de setembro.
A inscrición da xornada do 21 de setembro xa está aberta en Fprofe.
Mér, 03/07/2024 - 14:49
Competencias profesionais:
- Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
- Competencia dixital docente - 1. Compromiso profesional
Obxectivos:
- Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
- Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
- Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
Contidos:
- Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
- Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...
Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402003