G2401022 Creando cultura inclusiva de centro
A implementación dunha educación inclusiva pode chegar a ser un camiño difícil e desigual. Supón un proceso dirixido a descubrir os beneficios da diversidade, adoptando actitudes e respostas positivas e de comprensión da diferenza de raza, clase social, orixe étnica, relixión, xénero e capacidades. Este proceso vai máis alá da aula ou mesmo da escola, é un proceso ecolóxico, onde a base é unha cultura sustentada nuns valores que dirixan as políticas e prácticas tanto educativas como sociais. Por iso, á hora de falar de inclusión debe abordarse a cultura organizativa e educativa, entendéndose esta tanto a nivel de centro educativo como de comunidade; unha cultura sustentada por uns principios eixos da acción. Noutras palabras, unha resposta positiva á diversidade depende dunha cultura e valores inclusivos, que promovan políticas e prácticas inclusivas, o que redundará en melloras nos centros educativos.
Se queres descubir como aplicala, agardámoste nesta actividade:
Obxectivos:
- Tomar conciencia da importancia de crear unha cultura de centro que garanta e vele pola inclusión de todo o alumnado e a participación de toda a comunidade educativa.
- Identificar e seleccionar os principios e valores que definen unha educación inclusiva así como as claves para implementar procesos de ensinanza e aprendizaxe inclusivos.
- Proporcionarlle ao profesorado boas prácticas sobre a creación da cultura inclusiva en centros educativos.
Contidos:
- Marco teórico e normativo de referencia na creación de culturas inclusivas nos centros educativos.
- Definición de valores, actitudes, comportamentos e prácticas que promoven a inclusión e a equidade.
- Proxectos educativos referentes en cultura inclusiva.
Datos importantes:
- Data: 28 de setembro
- Horario: de 09:00 a 20:00h
- Lugar: Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela
- Código en fprofe: G2401022
- Inscrición aberta en fprofe para todos os corpos e especialidades
https://www.edu.xunta.gal/fprofe/