G2401029 - Equipos directivos. A xestión do centro docente como organización. Curso 2024-2025
Actividade formativa para os equipos directivos en activo. Días: 19 de febreiro, 12 e 19 de marzo e 9 de abril.
Xov, 30/01/2025 - 12:48
Competencias profesionais:
- Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
- Competencia en organización escolar e colaboración - Deseño, coordinación e execución de propostas
Obxectivos:
- Xestionar procesos, recursos e documentación do centro.
- Empregar técnicas efectivas de xestión de recursos.
- Participar activamente en proxectos e programas levados a cabo no centro, deseñando propostas de mellora.
Contidos:
- Imaxe institucional.
- Xestión por proxectos.
- Planificación.
- Organización educativa.
- Avaliación.
- Prevención de riscos laborais.
- Manual de autoprotección.
- Xestión de recursos (económicos, humanos, de tempo, espazos, servizos complementarios...).
- A calidade educativa.
Datas e horarios:
- Mércores,19 de febreiro: 10:00 - 14:00 (13:00 - 14:00 Café de traballo) e 14:00 - 18:00
- Mércores, 12 de marzo: 09:30 - 13:30
- Mércores, 19 de marzo: 09:30 - 13:30
- Mércores, 9 de abril: 09:30 - 13:30
Lugar de realización:
- Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela.
Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2401029.