G2402036 - Formación específica para o exercicio das funcións da secretaría nos centros educativos
Actividade formativa para as persoas secretarias dos centros educativos os días 28 de novembro, 16 de xaneiro e 13 de febreiro no Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI).
Mar, 19/11/2024 - 16:57
Competencias profesionais
- Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade.
- Competencia en organización escolar e colaboración - Coñecemento da normativa actualizada.
Obxectivos:
- Coñecer os aspectos normativos aplicables na secretaría dun centro educativo da Consellería de Educación.
- Saber xestionar os recursos económicos e persoais dun centro educativo da Consellería de Educación.
- Favorecer a adquisición e actualización das competencias precisas das persoas secretarias dos centros educativos.
Contidos:
- Normativa aplicable na secretaría dun centro educativo da CECUFP.
- Xestión teórico-práctica dos recursos económicos e do persoal no docente do centro educativo.
- Prevención de riscos laborais.
Datas e horario:
- Xoves, 28 de novembro de 2024. De 09:30 a 14:00.
- Xoves, 16 de xaneiro de 2025. De 09:30 a 14:00.
- Xoves, 13 de febreiro de 2025. De 09:30 a 14:00.
Lugar de realización:
- Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI). Santiago de Compostela.
Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2402036.