Gallego

L2301027 Museos situados. Educación e territorio

Summary: 

16 horas de formación nos Museos da Rede Museística provincial
Os días elixidos son: 29 e 30 de maio así como o 5 e 6 de xuño
Gallego

Un ano máis mantemos o noso compromiso coa Rede Museística provincial. Os próximos 29 e 30 de maio así como o 5 e o 6 de xuño, desenvolveremos a actividade L2301027 Museos situados. Educación e territorio. 16 horas de formación, con máis dunha ducia de relatores, para as que aínda estás a tempo de inscribirte en Fprofe. Visitaremos o Museo Provincial de Lugo e o Museo Fortaleza San Paio de Narla. A organización facilitará un autobús de xeito gratuíto para os desprazamentos.

 

Obxectivos

1. Explorar, coñecer e transmitir os saberes do rural como parte intrínseca do ser comunitario.

2. Crear e asentar no alumnado o sentimento de orgullo do propio e a pertenza a un territorio maiormente rural, a partir da súa comprensión e dos valores que o constitúen.

3. Dinamizar o coñecemento desde a acción e a cooperación directa coas persoas que habitan o territorio e cos axentes sociais e educativos.

 

Contidos

1. A educación en contextos rurais como escenario de cambio cara a unha educación inclusiva.

2. Os museos como institucións para a dinamización do territorio: retos e desafíos.

3. Museos e educación patrimonial: contextos para a innovación e a inspiración de valores.

4. O valor educativo dos museos a través das súas propostas didácticas.

5. Internet como medio para a salvagarda do patrimonio.

museo

Concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

Summary: 

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024.
Gallego

Xúntase a Orde do 22 de marzo de 2024 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento dos directores e directoras dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº67, do 5 de abril).

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día 8 de abril de 2024 ata o día 26 de abril de 2024.

A solicitude de participación xerada previamente na páxina web http://www.edu.xunta.gal/cxt, xunto coa documentación precisa, presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, mediante a solicitude xenérica dispoñible na sede electrónica (código de procedemento PR004A), e dirixirase á xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da provincia correspondente.

imaxe

L2301034 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa

Summary: 

20 horas no CFR Lugo no terceiro trimestre
Juan Fernández e Mariana Morales serán os relatores de excepción
Gallego

Hoxe presentámosvos unha actividade para o terceiro trimestre. Somos perfectamente conscientes da importancia que ten a avaliación en todo proceso docente. Por iso, apostamos por Juan Fernández e Mariana Morales para que nos iluminen o camiño coas súas experiencias e aprendizaxes. Os autores do libro "Avaliación formativa: Estrategias eficaces para regular el aprendizaje" serán os encargados de impartir as docencias da actividade L2301034 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa. 20 horas (5 delas non presenciais), que se desenvolverán no CFR Lugo os días 25 e 31 de maio. Así como 1 e 5 de xuño.

 

Obxectivos

1. Reflexionar sobre a avaliación formativa, formadora e sumativa.

2. Analizar instrumentos e estratexias de avaliación formativa: rúbricas, modelos, retroacción de calidade, evocación e metacognición.

3. Vencellar a avaliación formativa cos obxectivos de aprendizaxe e cos criterios de avaliación do currículo.

 

Contidos

1. Avaliación formativa, formadora e sumativa.

2. A avaliación formativa como un elemento de acompañamento ao alumnado.

3. Regulación das aprendizaxes durante o proceso de ensinanza-aprendizaxe.

4. Procesos, estratexias e instrumentos de avaliación.

5. Rúbricas, modelos, retroacción de calidade, evocación e metacognición.

avaliación

L2302002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais

Summary: 

10 horas de formación no mes de abril
Rosalía Fernández Rial será a relatora
Gallego

No mes de abril, abordaremos a eficacia da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica e lúdica para as clases de linguas. Axudando así, ao desenvolvemento da competencia comunicativa ao tempo que favorecemos a inclusión. Será a través da actividade L2302002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais, de 10 horas de duración e que terá lugar no CFR Lugo. Os días elixidos son: 3, 10 e 17 de abril. Os relatorios correrán a cargo de Rosalía Fernández Rial. Se estás interesado/a, estás a tempo de inscribirte na plataforma Fprofe.

 

Obxectivos

1. Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal. 

2. Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación. 

3. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.

 

Contidos

1. Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado. 

2. Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística. 

3. Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe. 

4. Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena. 

teatrais

G2301040 - Equipos directivos. Marco normativo aplicable para o desempeño das súas funcións no centro educativo

Summary: 

Actividade formativa de 20 horas de duración. Terá lugar o 6, 12, 17, 24 e 27 de abril na Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela).
Gallego
  • Obxectivos: 
  1. Manexar con fluidez a normativa vixente segundo as necesidades.
  2. Ser quen de aplicar de forma axeitada a normativa vixente.
  3. Actuar como referente resolvendo dúbidas normativas entre os compañeiros.
  • Contidos: 
  1. Procedemento administrativo común.
  2. Réxime xurídico aplicable aos centros e aos órganos colexiados.
  3. Normativa aplicable ao persoal funcionario e laboral.
  4. Normativa financeira.
  5. Normativa relativa ao menor.
  6. Protección de datos.
  7. Permisos e licenzas.
  8. Tramitación de seguros.
  • Competencias profesionais:
    • Competencia en organización escolar e colaboración.
    • Coñecemento da normativa actualizada. 
  • Detalle da actividade (Fprofe).

Inscrición aberta en Fprofe: G2301040.

G2301040 - imaxe

L2302003 Calidade de recursos educativos. REA

Summary: 

15 horas presenciais no terceiro trimestre
Julio Mosquera será o relator da actividade
Gallego

No CFR Lugo xa nos estamos a preparar para o terceiro trimestre. Unha das últimas actividades desde 2023-2024 será L2302003 Calidade de recursos educativos. REA. 15 horas presenciais na Aula 2 do CFR Lugo da man de Julio Mosquera. Unhas xornadas nas que afondaremos nos Recursos Educativos Abertos e para as que aínda admitimos inscricións ata o próximo 18 de marzo.

 

Datas: 15, 22 e 29 de abril. 6 e 13 de maio.

Horario: 17:00 horas a 20:00 horas

 

Obxectivos

1. Utilizar estratexias de busca baseadas no coñecemento e funcionamento dos motores de busca.

2. Usar sistemas de catalogación e metadatos de contidos en Internet.

3. Aplicar criterios para a selección de contidos educativos dixitais de calidade axustados ás necesidades da aula.

 

Contidos

1. Utilización de estratexias de busca baseadas no coñecemento e funcionamento dos motores de busca.

2. Uso de sistemas de catalogación e metadatos de contidos en Internet.

3. Aplicación de criterios para a selección de contidos educativos dixitais de calidade axustados ás diversas necesidades vinculadas coa súa utilización na aula.

 

Indicadores de competencias

1. Compromiso profesional - A2 - 1.4.A.2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.1. Identifica, con asesoramento, os requisitos que debe cumprir un contido dixital para axustarse a unha situación concreta de aprendizaxe e aplica os criterios correspondentes para a súa busca e selección, incluíndo a compatibilidade coas plataformas virtuais establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.2. Coñece o funcionamento e utiliza os repositorios de contidos institucionais e os empregados polo centro educativo.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.3.A.2.1. Aplica en contornos controlados ou contextos específicos a compartición, xestión e intercambio seguro de recursos utilizando os formatos e estándares apropiados.

2. Contidos dixitais - A2 - 2.3.A.2.2. Aplica, con axuda dunha persoa mentora, o sistema de catalogación establecido pola A. E. ou pola persoa titular do centro nas súas plataformas e servizos para indexar contidos educativos dixitais introducindo metadatos e empregando as etiquetas adecuadas.

 

rea

L2301006  A transformación de espazos para favorecer metodoloxías activas e inclusivas

Summary: 

20 horas no CFR de Burela
A actividade desenvolverase entre o 10 e o 25 de abril
Gallego

No CFR de Lugo estamos moi concienciados coa renovación e transformación de espazos. E se vai á par da innovación educativa, aínda mellor. Xa se lle engadimos a integración e a inclusión, semella poesía para os nosos oídos. Pois teremos todos estes ingredientes na actividade L2301006 A transformación de espazos para favorecer metodoloxías activas e inclusivas. 20 horas de formación na Mariña, no CFR de Burela, que terán lugar entre o 10 e o 25 de abril (16:00 horas a 20:00 horas).

 

Relatores

10 de abril: María Paz Gonçalves López (Escola Amadahi).

11 de abril: Judit Santos (Cooperativa Miudiño) e Sergio García Liñares (mestre de primaria).

18 de abril: Víctor González García–Echave (Palitroques).

24 de abril: Fermín González Blanco (Sistema LUPO).

25 de abril: Idoia Cuesta (Cestaría contemporánea).

 

Obxectivos

1. Favorecer unha educación competencial desde o proceso de cambio dos espazos educativos.

2. Repensar a escola desde a perspectiva da transformación dos espazos: traballo por proxectos, patios inclusivos, aprendizaxe cooperativa…

3. Planificar, deseñar e avaliar a proposta práctica co obxectivo de transformar os espazos educativos.

 

Contidos

1. A transformación dos espazos como parte do proxecto educativo.

2. Metodoloxías activas vinculadas á transformación dos espazos educativos: traballo por proxectos, patios inclusivos, aprendizaxe cooperativa…

3. Educación ambiental – desenvolvemento sostible.

4. Educación competencial. Avaliación.

 

espazos

L2302005 Fomento das destrezas orais en linguas estranxeiras

Summary: 

12 horas presenciais no CFR Lugo
A actividade comeza este mércores 28 de febreiro
Gallego

Este mércores 28 de febreiro iniciamos unha nova actividade de Idiomas no CFR de Lugo. L2302005 - Fomento das destrezas orais en linguas estranxeiras contará con 12 horas presenciais para mellorar a capacidade comunicativa dos nosos docentes. Cristina Cabal e Paula Gómez serán as mestras de cerimonias dunha actividade que terá as dúas últimas sesións na vindeira semana, os próximos venres 8 e sábado 9 de marzo.

Obxectivos
1. Desenvolver a competencia comunicativa do profesorado e a súa autonomía investigadora.
2. Enriquecer as boas prácticas educativas con distintos recursos analóxicos e dixitais.
3. Actualizar a formación metodolóxica do profesorado a través da súa lingua de aula: alemán, francés, inglés, italiano e portugués.

Contidos
1. Análise de temáticas transversais e relevantes para o proceso de ensino-aprendizaxe.
2. Recursos para a mellora das prácticas educativas.
3. Estratexias para o desenvolvemento das destrezas de expresión e mediación orais en alemán, francés, inglés, italiano e portugués.

destrezas

L2303003 - Encontros de cargos directivos da provincia. Curso 2023-2024

Summary: 

Actividade dirixida a equipos directivos de centros educativos públicos da provincia de Lugo.
Lugar de celebración: CIFP As Mercedes - Lugo
Sábado 2 de marzo de 2024
Data límite de inscrición: 18 de febreiro de 2024
Gallego

Encontros

L2303003 Encontros de cargos directivos da provincia. Curso 2023-2024

 

Duración: 8 horas  

Lugar de celebración: CIFP As Mercedes - Lugo

Datas: 2 de marzo (sábado)

Horario: 10 a 14h. (sesión de mañá) e de 16 a 20h. (sesión de tarde)

 

 

Relator@s:

Inmaculada Fernández Teijeiro (Subdirectora Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa)

Ana María Alzate Rodríguez (Xefa do Servizo de Inclusión, Orientación e Convivencia)

Íñigo Barreiro García (Inspector de Educación - Lugo)

José Manuel Valcarce López (Director do IES Xograr Afonso Gómez de Sarria e Presidente da Asociación de Cargos Directivos de Lugo e Provincia - ACADILUP)

Sonia Cantalapiedra Álvarez (ACADILUP)

 Luís Carlos Parada González (ACADILUP)

 

OBXECTIVOS

- Xestionar e coñecer a normativa que afecta aos centros educativos.

- Afondar no coñecemento das medidas de atención á diversidade.

- Avanzar na mellora da dirección escolar.

Asesor: Camilo Conde Iglesias

Liderado no centro educativo
Planificando...

L2301039 - Xogos e deportes alternativos

Summary: 

12 horas no CEIP de Casás da capital luguesa
A actividade celebrarase entre o 6 e o 21 de marzo
Gallego

Neste segundo trimestre non nos olvidamos de todo o profesorado amante da Educación Física. A través da actividade L2301039 Xogos e deportes alternativos ofreceremos un amplo abano de posibilidades para a aula tanto a nivel teórico como práctico. José Manuel Freire Piñeiro será o relator dunha actividade de 12 horas que se celebrará no CEIP de Casás da capital lucense. As datas escollidas son os días 6, 13, 20 e 21 de marzo, en horario de 17:00 horas a 20:00 horas. A inscrición aínda se atopa aberta en FProfe.

 

Obxectivos

1. Coñecer propostas didácticas de deportes alternativos.

2. Familiarizarse cos espazos e materiais que se precisan para a práctica dos deportes alternativos propostos.

3. Promover os deportes alternativos como contido nas sesións de EF.

 

Contidos

1. Fundamentos didácticos de: datchball, kitball, floorball e pickeball.

2. Normativa dos deportes alternativos propostos.

3. Manexo do material específico que se emprega nestas modalidades.

4. Propostas didácticas para a introdución destes deportes.

deportes alternativos