L2301034 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa
Hoxe presentámosvos unha actividade para o terceiro trimestre. Somos perfectamente conscientes da importancia que ten a avaliación en todo proceso docente. Por iso, apostamos por Juan Fernández e Mariana Morales para que nos iluminen o camiño coas súas experiencias e aprendizaxes. Os autores do libro "Avaliación formativa: Estrategias eficaces para regular el aprendizaje" serán os encargados de impartir as docencias da actividade L2301034 Regulación da aprendizaxe a través da avaliación formativa. 20 horas (5 delas non presenciais), que se desenvolverán no CFR Lugo os días 25 e 31 de maio. Así como 1 e 5 de xuño.
Obxectivos
1. Reflexionar sobre a avaliación formativa, formadora e sumativa.
2. Analizar instrumentos e estratexias de avaliación formativa: rúbricas, modelos, retroacción de calidade, evocación e metacognición.
3. Vencellar a avaliación formativa cos obxectivos de aprendizaxe e cos criterios de avaliación do currículo.
Contidos
1. Avaliación formativa, formadora e sumativa.
2. A avaliación formativa como un elemento de acompañamento ao alumnado.
3. Regulación das aprendizaxes durante o proceso de ensinanza-aprendizaxe.
4. Procesos, estratexias e instrumentos de avaliación.
5. Rúbricas, modelos, retroacción de calidade, evocación e metacognición.