L2301006 A transformación de espazos para favorecer metodoloxías activas e inclusivas
No CFR de Lugo estamos moi concienciados coa renovación e transformación de espazos. E se vai á par da innovación educativa, aínda mellor. Xa se lle engadimos a integración e a inclusión, semella poesía para os nosos oídos. Pois teremos todos estes ingredientes na actividade L2301006 A transformación de espazos para favorecer metodoloxías activas e inclusivas. 20 horas de formación na Mariña, no CFR de Burela, que terán lugar entre o 10 e o 25 de abril (16:00 horas a 20:00 horas).
Relatores
10 de abril: María Paz Gonçalves López (Escola Amadahi).
11 de abril: Judit Santos (Cooperativa Miudiño) e Sergio García Liñares (mestre de primaria).
18 de abril: Víctor González García–Echave (Palitroques).
24 de abril: Fermín González Blanco (Sistema LUPO).
25 de abril: Idoia Cuesta (Cestaría contemporánea).
Obxectivos
1. Favorecer unha educación competencial desde o proceso de cambio dos espazos educativos.
2. Repensar a escola desde a perspectiva da transformación dos espazos: traballo por proxectos, patios inclusivos, aprendizaxe cooperativa…
3. Planificar, deseñar e avaliar a proposta práctica co obxectivo de transformar os espazos educativos.
Contidos
1. A transformación dos espazos como parte do proxecto educativo.
2. Metodoloxías activas vinculadas á transformación dos espazos educativos: traballo por proxectos, patios inclusivos, aprendizaxe cooperativa…
3. Educación ambiental – desenvolvemento sostible.
4. Educación competencial. Avaliación.