L2302003 Calidade de recursos educativos. REA
No CFR Lugo xa nos estamos a preparar para o terceiro trimestre. Unha das últimas actividades desde 2023-2024 será L2302003 Calidade de recursos educativos. REA. 15 horas presenciais na Aula 2 do CFR Lugo da man de Julio Mosquera. Unhas xornadas nas que afondaremos nos Recursos Educativos Abertos e para as que aínda admitimos inscricións ata o próximo 18 de marzo.
Datas: 15, 22 e 29 de abril. 6 e 13 de maio.
Horario: 17:00 horas a 20:00 horas
Obxectivos
1. Utilizar estratexias de busca baseadas no coñecemento e funcionamento dos motores de busca.
2. Usar sistemas de catalogación e metadatos de contidos en Internet.
3. Aplicar criterios para a selección de contidos educativos dixitais de calidade axustados ás necesidades da aula.
Contidos
1. Utilización de estratexias de busca baseadas no coñecemento e funcionamento dos motores de busca.
2. Uso de sistemas de catalogación e metadatos de contidos en Internet.
3. Aplicación de criterios para a selección de contidos educativos dixitais de calidade axustados ás diversas necesidades vinculadas coa súa utilización na aula.
Indicadores de competencias
1. Compromiso profesional - A2 - 1.4.A.2.1. Aproveita as oportunidades de aprendizaxe no seu centro e as que obtén a través da rede para o seu desenvolvemento profesional.
2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.1. Identifica, con asesoramento, os requisitos que debe cumprir un contido dixital para axustarse a unha situación concreta de aprendizaxe e aplica os criterios correspondentes para a súa busca e selección, incluíndo a compatibilidade coas plataformas virtuais establecidas polas AA. EE. ou as persoas titulares do centro.
2. Contidos dixitais - A2 - 2.1.A.2.2. Coñece o funcionamento e utiliza os repositorios de contidos institucionais e os empregados polo centro educativo.
2. Contidos dixitais - A2 - 2.3.A.2.1. Aplica en contornos controlados ou contextos específicos a compartición, xestión e intercambio seguro de recursos utilizando os formatos e estándares apropiados.
2. Contidos dixitais - A2 - 2.3.A.2.2. Aplica, con axuda dunha persoa mentora, o sistema de catalogación establecido pola A. E. ou pola persoa titular do centro nas súas plataformas e servizos para indexar contidos educativos dixitais introducindo metadatos e empregando as etiquetas adecuadas.