L2302002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais
No mes de abril, abordaremos a eficacia da expresión dramática e teatral como ferramenta pedagóxica e lúdica para as clases de linguas. Axudando así, ao desenvolvemento da competencia comunicativa ao tempo que favorecemos a inclusión. Será a través da actividade L2302002 Aprendizaxe de linguas a través de técnicas teatrais, de 10 horas de duración e que terá lugar no CFR Lugo. Os días elixidos son: 3, 10 e 17 de abril. Os relatorios correrán a cargo de Rosalía Fernández Rial. Se estás interesado/a, estás a tempo de inscribirte na plataforma Fprofe.
Obxectivos
1. Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal.
2. Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación.
3. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.
Contidos
1. Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado.
2. Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística.
3. Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe.
4. Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena.