Gallego

L2201017 - Como reducir o estrés na aula

Summary: 

A actividade terá lugar en abril e maio. 20 horas presenciais no CFR Lugo
Gallego

Os próximos meses de abril e maio, o CFR Lugo axúdache a baixar pulsacións na túa actividade docente. O curso L2201017 - Como reducir o estrés na aula, de 20 horas de duración, é unha boa oportunidade para cambiar certas situacións de tensión do día a día co noso alumnado e compañeiros.

Para cumprir con este obxectivo, contaremos con relatores de nivel como son os casos de Anxo Fariña, Mercedes de Santaló, Julia Gómez e Alec Butcher. Todos eles participarán nesta actividade, que terá lugar os días 13, 20 e 26 de abril. E continuará o 3, 8, 11 e 15 de maio. O prazo de inscrición aínda se atopa aberto.

Obxectivos

1. Introducir técnicas de relaxación e calma.

2. Incrementar a atención e concentración do alumnado.

3. Preparar a mente para un mellor rendemento na aula.

Contidos

1. Mindfulness

   1.1. Que é o mindfulness.

   1.2. Programas que o desenvolven.

   1.3. Conexión mente corpo.

   1.4. A respiración.

2. A preparación mental.

   2.1. Atención interior e exterior.

   2.2. Prestar atención ao corpo.

3. Como nos engana a mente.

4. Xestión das emocións.

5. Técnicas de relaxación.

ESTRÉS

L2202018 - A RCP na aula

Summary: 

Os próximos 20 e 21 de marzo disfrutaremos de 8 horas sobre a RCP. O prazo de inscrición atópase aberto
Gallego

Os próximos 20 e 21 de marzo actualizaremos os nosos coñecementos sobre a RCP. A actividade L2202018 - A RCP na aula contará con relatores de excepción como son José Ramón Cabo, Marta Fernández e Manuel Mosquera. 8 horas no CFR Lugo que nos axudarán a saber como actuar ante calquera emerxencia.

En horario, de 17:00 a 21:00 horas, aprenderemos a manter a calma brindando unha actuación de calidade; olvidándonos do tempo que sempre apremia. A última das horas de cada sesión non será presencial e empregarase para revisión de documentos escritos. O prazo de inscrición para esta actividade aínda se atopa aberto.

Obxectivos

1. Identificar situacións de cardiorespiratoria.

2. Comprender os fundamentos da RCP (reanimación cardiopulmonar).

3. Coñecer maniobras de RCP e manexo de desfibrilador.

Contidos

1. Teoría: Algoritmo Soporte Vital Básico e DESA: Parada cardíaca, soporte Vital Básico e desfibrilación.

2. Prácticas: Compresións torácicas de calidade; práctica DESA; atragantamento e práctica integrada.

rcp

Congreso de convivencia e benestar emocional

Gallego

Esta actividade vai dirixida en primeiro lugar ás persoas dinamizadoras da convivencia/persoas coordinadoras do benestar e protección; no caso de quedar prazas vacantes, daráselle prioridade ás persoas que exerzan a xefatura do departamento de orientación.

Referencia: X2214007

Centro de formación e recursos: Servizos Centrais

Temporalización:  07/03/2023  -  07/03/2023

Data límite de inscrición: 20/02/2023

Lugar: Santiago de Compostela

Prazas:  1300

Horas presenciais: 8

Obxectivos

  1. Impulsar unha formación específica no ámbito da convivencia e do benestar emocional. 
  2. Sensibilizar sobre a importancia do papel dos centros educativos para garantir un bo clima de convivencia e o benestar emocional da comunidade educativa. 
  3. Potenciar o intercambio de boas prácticas e experiencias en materia de convivencia e benestar emocional. 

Contidos

  1. O papel dos centros educativos para garantir un bo clima de convivencia. 
  2. O fomento do benestar emocional nos centros educativos. 
  3. As boas prácticas en materia de convivencia e educación emocional.
Congreso de convivencia e benestar emocional
Congreso de convivencia e benestar emocional

L2202016 - Obradoiro de técnicas teatrais para o ensino de linguas

Summary: 

Marzo é o mes do teatro no CFR Lugo. Rosalía Fernández Rial será a mestra de cerimonias
Gallego

L2202016 - Obradoiro de técnicas teatrais para o ensino de linguas é unha actividade ofertada para dar resposta e valorar a importancia da expresión dramática para o desenvolvemento da competencia comunicativa (habilidades verbais, expresión, xestión de emocións, desenvolvemento cognitivo, fomento da creatividade e da aprendizaxe significativa... ) tanto do profesorado coma do alumnado.

Por iso, decidimos contar cunha experta na materia. Non é outra que Rosalía Fernández Rial, doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática e Teatral pola USC e profesora no CEIP As Revoltas de Cabana de Bergantiños. Esta actividade terá lugar no Salón de Actos do CFR Lugo os días 9, 16 e 23 de marzo de 2023 en horario de 17:40 horas a 21:00 horas. A inscrición, a realizar a través da plataforma FProfe, aínda se atopa aberta.

 

Obxectivos

1. Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal.

2. Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación.

3. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.

 

Contidos

1. Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado.

2. Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística.

3. Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe.

4. Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena.

drama

L2201030 e L2201031 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés nos niveis B2 e C1

Summary: 

Ambas actividades desenvolveranse do 7 de febreiro ao 25 de maio na EOI Lugo
Gallego

Chegou o momento do Inglés no noso CFR. E por iso ofertamos dous cursos de actualización lingüística neste idioma: L2201030 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés no nivel B2 e L2201031 - Curso de actualización lingüística e comunicativa (CALC) en Inglés no nivel C1. Ambos celebraranse na EOI Lugo do 7 de febreiro ao 25 de maio. Os días elixidos son os martes e os xoves, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas.

Nivel B2. Obxectivos

1. Comprender textos orais e escritos extensos, ben organizados e lingüisticamente complexos en lingua estándar, sobre temas de ámbito específico e facendo uso de estratexias comunicativas.
2. Producir con corrección textos orais e escritos de extensión variada, ben estruturados e con precisión e fluidez sobre unha ampla serie de temas e adecuados ao contexto.
3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións, aspectos socioculturais e léxico.

Nivel B2. Contidos

1. Expresións de certa complexidade lingüística, en lingua estándar, nunha variedade de rexistros e que conteñan expresións, estruturas e locucións idiomáticas variadas e frecuentes, así como riqueza léxica.
2. Intercambio de información en conversas con fluidez, eficacia e espontaneidade, en diferentes ámbitos de interacción social, destacando as ideas principais e defendendo opinións e puntos de vista con claridade.
3. Contidos (léxicos, discursivos, funcionais e situacionais) que reflicten os ámbitos e situacións comunicativas propias do contexto das áreas obxecto de estudo.
4. Priorización das tarefas vinculadas co eido educativo.
5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.
6. Utilización das TIC.

Nivel C1. Obxectivos

1. Utilizar o idioma con fluidez e naturalidade, tanto na linguaxe oral coma na escrita, adaptándose con facilidade a unha gama extensa de situacións e rexistros.
2. Comprender e producir textos complexos sobre temas xerais, da súa especialidade e/ou dos ámbitos académico e profesional, cun bo dominio dun repertorio amplo de recursos lingüísticos.
3. Contextualizar as interrelacións entre a lingua e as distintas áreas que se imparten no centro, facendo fincapé nos temas, textos, competencia profesional, situacións, aspectos socioculturais e léxico.

Nivel C1. Contidos

1. A comunicación: idiomas e sociedade.
2. As relacións persoais, a cultura, a economía, o mundo natural,...
3. As relacións sociais, académicas e profesionais.
4. Recursos idiomáticos: usos idiomáticos frecuentes.
5. Énfase na autonomía da aprendizaxe e a autoavaliación.
6. Utilización das TIC.

 

ingles

L2202017 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta

Summary: 

12 horas presenciais á volta do Entroido, coa presenza de expertos na temática
Gallego

Se queres afrontar o desafío da mellora da eficacia educativa, esta é a túa actividade.

A través das xornadas L2202017 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta, coñeceremos a importancia de transformar os nosos espazos educativos baixo unha perspectiva inclusiva. Sempre da man de expertos neste eido como son Fermín González Blanco, Sabela Girón Gesteira, Paula Morales Pereira así como Judit Santos Almeida. Estas xornadas terán 12 horas presenciais de duración, que se distribuirán do seguinte xeito:

 

Sesión 1: venres, 24 de febreiro

Horario de 17:00 h a 20 h

Fermín González Blanco, Sabela Girón Gesteira e Paula Morales Pereira de Arquitectura sen Fronteiras Galicia

Sesión 2: sábado, 25 febreiro

Horario de 11:00 h 13:30 h

Judit Santos Almeida de Cooperativa Miudiño

Sesión 3: venres, 3 de marzo

Horario de 17:00 h a 20:00 h

Fermín González Blanco (Sistema Lupo)

Sesión 4: sábado, 4 de marzo

Horario de 10:30 a 14:00 h

Arquitectura sen Fronteiras, Sistema Lupo e Cooperativa Miudiño

 

Obxectivos

1. Formar a docentes de centros educativos para desenvolver propostas de transformación de patios escolares a través do coñecemento doutros colectivos e especialistas que están traballando actualmente neste eido.

2. Fomentar a mobilidade e autonomía infantil incluíndo os camiños escolares e os desprazamentos aos centros educativos.

3. Indagar en metodoloxías de dinamización deseñadas para favorecer a participación e inclusión de todo o alumnado e analizar as posibilidades espaciais do espazo educativo dentro e fóra da aula.

Contidos

1. Patios escolares inclusivos con especial atención ao xénero e á diversidade.

2. A autonomía e integración da infancia a e xuventude no espazo público a través dos camiños escolares e o eido escolar. A vulnerabilidade dos menores no espazo público.

3. A importacia da vexetación no espazo educativo e na vida das persoas máis novas.

4. A importancia do xogo ao aire libre.

5. A análise do sentir no espazo educativo: luz, cor, acústica, temperatura etc.

6. Propostas de transformación dos espazos educativos a través de metodoloxías participativas.

 

Se queres afrontar o desafío da mellora da eficacia educativa e participar en dita actividade aínda estás a tempo de facer a inscrición a través de Fprofe.

terra

L2202004 - A lectura e a escritura en educación infantil e educación primaria

Summary: 

A actividade desenvolverase na primeira quincena de febreiro no CFR Lugo. Contará coa presenza de Estela D'Angelo
Gallego

A escola que defenderemos é unha escola onde todos e todas teñan o seu lugar, unha escola onde a experiencia supoña a base necesaria para as aprendizaxes e sexa en verdade inclusiva. Apostaremos por un modelo inclusivo para educación infantil e educación primaria respectando os seus ritmos de aprendizaxe, atendendo as súas emocións, ás súas xeracións do discurso... para poñer en evidencia a diversidade e así favorecer o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe. Atendendo a estes preceptos, ofertamos a actividade L2202004 - A lectura e a escritura en educación infantil e educación primaria, que se desenvolverá os días 1, 2, 8 e 15 de febreiro no CFR Lugo.

Para as mesmas, contaremos coa presenza das seguintes relatoras: Estela D'Angelo Menéndez (Madrid), María Olga Teijeiro Díaz do CEIP Plurilingüe de Chancelas (Combarro) e Inmaculada Cortón Tesouro do CEIP Plurilingüe de Outes (Fene).

Obxectivos

1. Analizar as investigacións sobre o ensino e aprendizaxe da lingua escrita.

2. Coñecer pautas metodolóxicas que favorezan o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe.

3. Adquirir a capacidade para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado.

Contidos

1. A lingua escrita dende un enfoque construtivista.

2. Desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.

3. Técnicas para a mellora da expresión e comprensión oral e escrita.

lectura

L2201033 - Chinés A1.2

Summary: 

60 horas de formación a celebrar na EOI Lugo
Pino Alonso encargarase dos relatorios
Gallego

O idioma chino está cada vez máis de moda. E no CFR Lugo somos moi conscientes desta realidade. Por iso, este 2023 ofertamos a actividade L2201033 - Chinés A1.2. 60 horas de formación que se celebrarán na Aula 1B da Escola de Idiomas de Lugo (EOI Lugo) entre o 30 de xaneiro e o 24 de maio. A actividade terá lugar en luns e mércores, en horario de 18:00 horas a 20:00 horas. Pino Alonso encargarase dos relatorios.

Obxectivos

1. Comprender e producir textos orais de nivel de lingua A1.2.

2. Comprender e producir textos escritos de nivel de lingua A1.2.

3. Adquirir coñecementos iniciais sobre a cultura chinesa.

Contidos

1. Contidos socioculturais e sociolingüísticos propios do nivel A1.2 (fórmulas de cortesía, relacións sociais, etc.).

2. Contidos estratéxicos, funcionais e discursivos propios do nivel A1.2 (felicitar, pedir e dar información sobre datos persoais, datas, etc.).

3. Contidos sintácticos e léxicos propios do nivel A1.2 (ampliación información persoal básica, actividades, etc.).

4. Contidos fonético-fonolóxicos e ortotipográficos propios do nivel A1.2 (fonemas, tons, pinyin, trazos, etc.).

chines

L2201019 - Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo

Summary: 

Actividade de 25 horas, con fase presencial (16 horas) e en rede (9 horas). As sesións presenciais desenvolveranse en xoves durante e febreiro e marzo.
Gallego

A actividade L2201019 - Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo, en colaboración coa Fundación INGADA, xurde de coñecementos e fundamentación actualizada coa intención de dar resposta ás competencias requeridas aos docentes garantindo os pilares da educación inclusiva no alumnado que require necesidades, condicións, estilos e dificultades distintas para adaptarse ao seu entorno académico, familiar e social.

Así mesmo preténdese a súa comprensión e a capacitación para o deseño de estratexias e intervencións que contribúan de maneira máis efectiva nas dificultades de aprendizaxe que requiren un seguimento e diagnóstico máis complexo, abordadas en catro módulos, como son:

MÓDULO I

  • Aspectos clínicos do TDAH.

  • Prevención de accidentes.

MÓDULO II

  • Detección na aula do alumnado con TDAH.

  • Medidas de atención á diversidade.

  • Adaptacións pedagóxicas.

MÓDULO III

  • TDAH e dificultades específicas da aprendizaxe.

  • Protocolo de consenso.

MÓDULO IV

  • Motivación no TDAH.

  • Familia e TDAH.

  • Manexo condutual.

As sesións presenciais (16 horas) desenvolveranse os xoves 9, 16, 23 de febreiro e 2 de marzo en horario de 17:00 horas a 21:00 horas a cargo de María Cristina Casal Pena, Marta Fariña, Octavio Susacasa Nodal e Ana Fátima Gómez Suárez no salón de actos do CFR de Lugo. Desde o 3 de marzo ata o 3 de abril desenvolverase a fase en rede (9 horas) para a entrega do proxecto/proposta didáctica, segundo o guión entregado. Bule e non quedes sen a túa praza! A inscrición, a realizar en Fprofe, remata nuns poucos días.

tdah

L2202006– Achegas das ferramentas dixitais para o DUA

Summary: 

12 horas presenciais da man de David González Gándara
A aproximación máis dixital ao DUA
Gallego

Desde hai uns anos, o DUA (Deseño Universal de Aprendizaxe) está de moda. No CFR Lugo somos moi conscientes delo. E por iso ofertamos L2202006– Achegas das ferramentas dixitais para o DUA, a aproximación máis dixital a este fenómeno emerxente. Da man do relator David González Gándara, traballaremos durante 12 horas presenciais, os principais aspectos do DUA. Esta actividade terá lugar os mércores 1, 8 e 15 de febreiro así como o 1 de marzo. Sempre en horario de 17:00 a 20:00 horas.

Obxectivos

1. Analizar os principios do DUA como paso previo á selección de ferramentas dixitais.

2. Explorar as características das distintas ferramentas segundo o enfoque DUA.

3. Seleccionar distintas ferramentas para o desenvolvemento do DUA .

Contidos

1. Deseño Universal de Aprendizaxe. Aspectos xerais. Principios e pautas.

2. Criterios para a selección de ferramentas dixitais. Ferramentas institucionais e externas.

3. Achega e adecuación das ferramentas dixitais ao desenvolvemento dos principios do DUA.

4. Licenza de autor na creación de contidos.

5. Boas prácticas. Deseño dunha tarefa segundo o DUA.

DUA