L2202016 - Obradoiro de técnicas teatrais para o ensino de linguas

Marzo é o mes do teatro no CFR Lugo. Rosalía Fernández Rial será a mestra de cerimonias
Lun, 06/02/2023 - 13:24
drama

L2202016 - Obradoiro de técnicas teatrais para o ensino de linguas é unha actividade ofertada para dar resposta e valorar a importancia da expresión dramática para o desenvolvemento da competencia comunicativa (habilidades verbais, expresión, xestión de emocións, desenvolvemento cognitivo, fomento da creatividade e da aprendizaxe significativa... ) tanto do profesorado coma do alumnado.

Por iso, decidimos contar cunha experta na materia. Non é outra que Rosalía Fernández Rial, doutora en Didáctica das Linguas e da Expresión Dramática e Teatral pola USC e profesora no CEIP As Revoltas de Cabana de Bergantiños. Esta actividade terá lugar no Salón de Actos do CFR Lugo os días 9, 16 e 23 de marzo de 2023 en horario de 17:40 horas a 21:00 horas. A inscrición, a realizar a través da plataforma FProfe, aínda se atopa aberta.

 

Obxectivos

1. Fomentar a aprendizaxe activa das linguas poñendo o foco na comunicación oral e expresión corporal.

2. Empregar técnicas dramáticas que faciliten a interacción e a fluidez na comunicación.

3. Integrar ferramentas e metodoloxías comunicativas para desenvolverse en espazos culturais variados.

 

Contidos

1. Técnicas dramáticas aplicadas á ensinanza de linguas: role play, simulación, micro teatro, teatro improvisado.

2. Estratexias e recursos dramáticos que exercitan e facilitan a interacción lingüística.

3. Aplicación dramatizada das novas tecnoloxías: curtametraxes, cancións, vídeos de anuncios, películas, dobraxe.

4. Creación literaria desde a improvisación e traballo con textos literarios en escena.

Menús CAFI node R

 

Sección