Gallego

L2202013 - Introdución ao EVA E-Dixgal

Summary: 

12 horas presenciais entre o 17 e o 26 de outubro
A actividade terá lugar no CFR Lugo
Gallego

CFR Lugo acollerá este mes de outubro unha actividade moi necesaria para o noso profesorado. Falamos das Xornadas L2202013 - Introdución ao EVA E-Dixgal, que contarán con Rodrigo Sanjiao Anido como relator. Durarán un total de 12 horas, que terán lugar entre o luns 17 de outubro e o mércores 26 de outubroO prazo de inscrición para as mesmas aínda se atopa aberto.

 

Obxectivos

1.Familiarizar ao profesorado co entorno virtual de aprendizaxe do proxecto E-Dixgal.

2.Publicar recursos e actividades no EVA, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial.

3.Mostrar as posibilidades do EVA para a avaliación e a comunicación co alumnado.

 

Contidos

1.O entorno virtual de aprendizaxe.

   1.1.Introdución. Xeralidades do proxecto E-DIXGAL.

   1.2.EVA online. Funcionalidades xerais.

   1.3.EVA offline. Funcionalidades xerais.

2.Os recursos.

   2.1.Recursos externos.

   2.2.Recursos propios.

3.As actividades.

4.A avaliación no EVA.

5.Ferramenta de autor.

edixgal

Plan anual de Formación do Profesorado 2022/23

Summary: 

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2022/23.
Gallego

Xa se pode consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado correspondente ao curso 2022/23.

Para consultas e inscricións nas actividades formativas cómpre acceder a Fprofe.

Descarga aquí o Plan:

Plan Anual de Formacióndo Profesorado. Curso 2022/23

 

Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2022/23
Plan Anual de Formación do Profesorado. Curso 2022/23

L2202009 - Deseño universal de aprendizaxe. Camiño cara a inclusión

Summary: 

8 horas presenciais os días 13 e 20 de outubro
A actividade terá lugar no CFR Lugo
Gallego

O CFR Lugo acollerá este mes de outubro unha das actividades máis agardadas do trimestre. Falamos das Xornadas L2202009 - Deseño universal de aprendizaxe. Camiño cara a inclusión, que contarán con Sonia López Rodríguez como relatora. Durarán un total de 8 horas, que terán lugar os xoves 13 e 20 de outubro. O prazo de inscrición para as mesmas aínda se atopa aberto.

 

Obxectivos

1. Analizar o Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).

2. Valorar as implicacións dos principios propostos polo Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA) no proceso educativo.

3. Identificar propostas didácticas que atendan aos principios do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).

 

Contidos

1. DUA: Principios, pautas e puntos de verificación.

2. Contornos accesibles: A accesibilidade cognitiva.

3. Aplicación do DUA na aula: Metodoloxías e recursos.

4. Propostas prácticas de aplicación das Pautas do Deseño Universal de Aprendizaxe (DUA).

aprendendo

Actividades FP Curso 22-23

Summary: 

Proposta de actividades formativas dirixidas ao profesorado de FP. Plan 22-23.
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP.

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento.

Tema: 

Áreas-CAFI: 

Actividades do Plan de Formación de FP. Curso 22-23

Summary: 

Actividades do Plan de Formación para o curso 2022-23
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP.

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento.

Data: 

01/07/2022 - 30/06/2023

L2201014 - Seguridade e funcionamento dos vehículos eléctricos e híbridos

Summary: 

20 horas presenciais entre o 11 e o 13 de xullo
A actividade terá lugar no CIFP As Mercedes de Lugo
Gallego

O CIFP As Mercedes de Lugo é un dos epicentros de Galicia neste mes de xullo. Unha das actividades de FP que se van desenvolver neste centro da cidade amurallada é: L2201014 - Seguridade e funcionamento dos vehículos eléctricos e híbridos. Este curso terá lugar entre o 11 e o 13 de xullo e unha duración de 20 horas presenciais.

Obxectivos

1.Coñecer os procedementos a seguir na manipulación de vehículos eléctricos e híbridos.

2.Empregar os EPIs necesarios para a manipulación dos vehículos eléctricos e híbridos.

3.Desconectar de xeito seguro o sistema de alta tensión.

Contidos

1.Riscos asociados a manipulación de vehículos eléctricos e os EPIs necesarios.

2.Protocolos de seguridade no traballo en taller e desconexión segura do sistema de alta tensión.

3.Análise da ficha técnica dos vehículos eléctricos e híbridos.

4.Arquitectura xeral dun vehículo eléctrico.

5.Arquitectura xeral dun vehículo híbrido.

vehículos

L2201012 - Programación de autómatas con EcoStruxure Machine Expert

Summary: 

30 horas presenciais entre o 8 e o 15 de xullo
A actividade terá lugar no CIFP As Mercedes de Lugo
Gallego

Xullo é o mes por excelencia da FP. No CIFP As Mercedes de Lugo contaremos cunha actividade máis: L2201012 - Programación de autómatas con EcoStruxure Machine Expert. 30 horas presenciais para traballar na programación de máquinas entre o 8 e o 15 de xullo.

Obxectivos

1.Desenvolver, implementar, diagnosticar e depurar aplicacións prácticas co software EcoStruxure Machine Expert.

2.Desenvolver aplicacións co autómata M241 conectado a dispositivos mediante buses de campo.

3.Deseñar visualizacións de procesos.

Contidos

1.Introdución á norma IEC 61131-3.

2.Conceptos básicos sobre comunicacións Modbus e CanOpen.

3.EcoStruxure Machine Expert. Deseño de visualizacións e de redes.

4.Hardware MODICON M241.

5.Variador de velocidade ATV320. Xestión do firmware.

6.Servomotor con control integrado.

programación

L2201009 - Optimización topolóxica en fabricación aditiva 3D

Summary: 

40 horas presenciais entre o 4 e o 8 de xullo
A actividade terá lugar no IES Sanxillao de Lugo
Gallego

Este verán apostamos forte polo 3D. Así o demostramos cunha nova actividade de FP como é: L2201009 - Optimización topolóxica en fabricación aditiva 3D. Un curso de 40 horas presenciais de duración e que se desenvolverá no IES Sanxillao de Lugo entre o 4 e o 8 de xullo deste ano.

Obxectivos

1.Coñecer as tecnoloxías de impresión 3D e identificar o comportamento das estruturas.

2.Coñecer os conceptos básicos do cálculo estrutural de pezas e optimización topolóxica.

3.Coñecer os conceptos básicos de deseño de pezas para dixitalización 3D.

Contidos

1.Concepto de estrutura e as súas funcións.

2.Tipos de estruturas lixeiras. Software para crear estruturas lixeiras e de deseño 3D xenerativo.

3.Topoloxización estrutural na fabricación aditiva. Software para topoloxización estrutural.

3D

L2202002 - Obradoiro para o recoñecemento de aromas atributo e defectos do viño

Summary: 

16 horas presenciais entre o 4 e o 5 de xullo
A actividade terá lugar no IES Sanxillao de Lugo
Gallego

Se che gusta o viño esta é a túa actividade! Hoxe traemos unhas novas xornadas dentro do ámbito da FP: L2202002 - Obradoiro para o recoñecemento de aromas atributo e defectos do viño. 16 horas presenciais entre o 4 e o 5 de xullo no IES Sanxillao de Lugo.

Obxectivos

1.Coñecer as moléculas responsables dos principais atributos aromáticos impacto e sutís dos viños, así como dos defectos que poden darse.

2.Relacionar a orixe e mecanismo de aparición e prevención dos atributos e defectos que se dan nos viños tendo en conta diversos factores.

3.Aprender a detectar o limiar de percepción e memorización de cada atributo ou defecto en sesións prácticas de cata.

Contidos

1.O aroma dos viños e a súa formación.

2.Detección de atributos no viño segundo grupo e carácter descriptor, molécula responsable e concentracións engadidas.

3.Recoñecemento de compostos defecto do viño tendo en conta diferentes factores.

viño

Actividades do Plan de Formación de FP

Summary: 

Proposta de actividades formativas dirixidas ao profesorado de FP. Plan 22-23
Gallego

Xa podes consultar as Actividades do Plan de Formación de FP.

Accede a toda a información coa túa conta de Fprofe, a través das ligazóns ás fichas das actividades que atoparás neste documento.

Plan 22-23
Plan 22-23