L2202013 - Introdución ao EVA E-Dixgal

12 horas presenciais entre o 17 e o 26 de outubro
A actividade terá lugar no CFR Lugo
Mér, 21/09/2022 - 11:18
edixgal

CFR Lugo acollerá este mes de outubro unha actividade moi necesaria para o noso profesorado. Falamos das Xornadas L2202013 - Introdución ao EVA E-Dixgal, que contarán con Rodrigo Sanjiao Anido como relator. Durarán un total de 12 horas, que terán lugar entre o luns 17 de outubro e o mércores 26 de outubroO prazo de inscrición para as mesmas aínda se atopa aberto.

 

Obxectivos

1.Familiarizar ao profesorado co entorno virtual de aprendizaxe do proxecto E-Dixgal.

2.Publicar recursos e actividades no EVA, tanto de produción propia como procedentes da oferta editorial.

3.Mostrar as posibilidades do EVA para a avaliación e a comunicación co alumnado.

 

Contidos

1.O entorno virtual de aprendizaxe.

   1.1.Introdución. Xeralidades do proxecto E-DIXGAL.

   1.2.EVA online. Funcionalidades xerais.

   1.3.EVA offline. Funcionalidades xerais.

2.Os recursos.

   2.1.Recursos externos.

   2.2.Recursos propios.

3.As actividades.

4.A avaliación no EVA.

5.Ferramenta de autor.

Menús CAFI node R

 

Sección