L2201009 - Optimización topolóxica en fabricación aditiva 3D

40 horas presenciais entre o 4 e o 8 de xullo
A actividade terá lugar no IES Sanxillao de Lugo
Mar, 28/06/2022 - 12:47
3D

Este verán apostamos forte polo 3D. Así o demostramos cunha nova actividade de FP como é: L2201009 - Optimización topolóxica en fabricación aditiva 3D. Un curso de 40 horas presenciais de duración e que se desenvolverá no IES Sanxillao de Lugo entre o 4 e o 8 de xullo deste ano.

Obxectivos

1.Coñecer as tecnoloxías de impresión 3D e identificar o comportamento das estruturas.

2.Coñecer os conceptos básicos do cálculo estrutural de pezas e optimización topolóxica.

3.Coñecer os conceptos básicos de deseño de pezas para dixitalización 3D.

Contidos

1.Concepto de estrutura e as súas funcións.

2.Tipos de estruturas lixeiras. Software para crear estruturas lixeiras e de deseño 3D xenerativo.

3.Topoloxización estrutural na fabricación aditiva. Software para topoloxización estrutural.

Menús CAFI node R

 

Sección