L2202002 - Obradoiro para o recoñecemento de aromas atributo e defectos do viño

16 horas presenciais entre o 4 e o 5 de xullo
A actividade terá lugar no IES Sanxillao de Lugo
Mar, 28/06/2022 - 12:36
viño

Se che gusta o viño esta é a túa actividade! Hoxe traemos unhas novas xornadas dentro do ámbito da FP: L2202002 - Obradoiro para o recoñecemento de aromas atributo e defectos do viño. 16 horas presenciais entre o 4 e o 5 de xullo no IES Sanxillao de Lugo.

Obxectivos

1.Coñecer as moléculas responsables dos principais atributos aromáticos impacto e sutís dos viños, así como dos defectos que poden darse.

2.Relacionar a orixe e mecanismo de aparición e prevención dos atributos e defectos que se dan nos viños tendo en conta diversos factores.

3.Aprender a detectar o limiar de percepción e memorización de cada atributo ou defecto en sesións prácticas de cata.

Contidos

1.O aroma dos viños e a súa formación.

2.Detección de atributos no viño segundo grupo e carácter descriptor, molécula responsable e concentracións engadidas.

3.Recoñecemento de compostos defecto do viño tendo en conta diferentes factores.

Menús CAFI node R

 

Sección