Congreso de convivencia e benestar emocional
Lun, 13/02/2023 - 14:43
Esta actividade vai dirixida en primeiro lugar ás persoas dinamizadoras da convivencia/persoas coordinadoras do benestar e protección; no caso de quedar prazas vacantes, daráselle prioridade ás persoas que exerzan a xefatura do departamento de orientación.
Referencia: X2214007
Centro de formación e recursos: Servizos Centrais
Temporalización: 07/03/2023 - 07/03/2023
Data límite de inscrición: 20/02/2023
Lugar: Santiago de Compostela
Prazas: 1300
Horas presenciais: 8
Obxectivos
- Impulsar unha formación específica no ámbito da convivencia e do benestar emocional.
- Sensibilizar sobre a importancia do papel dos centros educativos para garantir un bo clima de convivencia e o benestar emocional da comunidade educativa.
- Potenciar o intercambio de boas prácticas e experiencias en materia de convivencia e benestar emocional.
Contidos
- O papel dos centros educativos para garantir un bo clima de convivencia.
- O fomento do benestar emocional nos centros educativos.
- As boas prácticas en materia de convivencia e educación emocional.