L2202004 - A lectura e a escritura en educación infantil e educación primaria
A escola que defenderemos é unha escola onde todos e todas teñan o seu lugar, unha escola onde a experiencia supoña a base necesaria para as aprendizaxes e sexa en verdade inclusiva. Apostaremos por un modelo inclusivo para educación infantil e educación primaria respectando os seus ritmos de aprendizaxe, atendendo as súas emocións, ás súas xeracións do discurso... para poñer en evidencia a diversidade e así favorecer o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe. Atendendo a estes preceptos, ofertamos a actividade L2202004 - A lectura e a escritura en educación infantil e educación primaria, que se desenvolverá os días 1, 2, 8 e 15 de febreiro no CFR Lugo.
Para as mesmas, contaremos coa presenza das seguintes relatoras: Estela D'Angelo Menéndez (Madrid), María Olga Teijeiro Díaz do CEIP Plurilingüe de Chancelas (Combarro) e Inmaculada Cortón Tesouro do CEIP Plurilingüe de Outes (Fene).
Obxectivos
1. Analizar as investigacións sobre o ensino e aprendizaxe da lingua escrita.
2. Coñecer pautas metodolóxicas que favorezan o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas co uso da linguaxe.
3. Adquirir a capacidade para desenvolver hábitos de lectura e escritura no alumnado.
Contidos
1. A lingua escrita dende un enfoque construtivista.
2. Desenvolvemento da competencia en comunicación lingüística.
3. Técnicas para a mellora da expresión e comprensión oral e escrita.