L2201019 - Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo
A actividade L2201019 - Curso de tratamento do TDAH desde o ámbito educativo, en colaboración coa Fundación INGADA, xurde de coñecementos e fundamentación actualizada coa intención de dar resposta ás competencias requeridas aos docentes garantindo os pilares da educación inclusiva no alumnado que require necesidades, condicións, estilos e dificultades distintas para adaptarse ao seu entorno académico, familiar e social.
Así mesmo preténdese a súa comprensión e a capacitación para o deseño de estratexias e intervencións que contribúan de maneira máis efectiva nas dificultades de aprendizaxe que requiren un seguimento e diagnóstico máis complexo, abordadas en catro módulos, como son:
MÓDULO I
-
Aspectos clínicos do TDAH.
-
Prevención de accidentes.
MÓDULO II
-
Detección na aula do alumnado con TDAH.
-
Medidas de atención á diversidade.
-
Adaptacións pedagóxicas.
MÓDULO III
-
TDAH e dificultades específicas da aprendizaxe.
-
Protocolo de consenso.
MÓDULO IV
-
Motivación no TDAH.
-
Familia e TDAH.
-
Manexo condutual.
As sesións presenciais (16 horas) desenvolveranse os xoves 9, 16, 23 de febreiro e 2 de marzo en horario de 17:00 horas a 21:00 horas a cargo de María Cristina Casal Pena, Marta Fariña, Octavio Susacasa Nodal e Ana Fátima Gómez Suárez no salón de actos do CFR de Lugo. Desde o 3 de marzo ata o 3 de abril desenvolverase a fase en rede (9 horas) para a entrega do proxecto/proposta didáctica, segundo o guión entregado. Bule e non quedes sen a túa praza! A inscrición, a realizar en Fprofe, remata nuns poucos días.