L2202017 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta

12 horas presenciais á volta do Entroido, coa presenza de expertos na temática
Ven, 20/01/2023 - 10:48
terra

Se queres afrontar o desafío da mellora da eficacia educativa, esta é a túa actividade.

A través das xornadas L2202017 - ProxectoTERRA. Deseño de patios e espazos educativos. Edición 2022-2023 Plan Proxecta, coñeceremos a importancia de transformar os nosos espazos educativos baixo unha perspectiva inclusiva. Sempre da man de expertos neste eido como son Fermín González Blanco, Sabela Girón Gesteira, Paula Morales Pereira así como Judit Santos Almeida. Estas xornadas terán 12 horas presenciais de duración, que se distribuirán do seguinte xeito:

 

Sesión 1: venres, 24 de febreiro

Horario de 17:00 h a 20 h

Fermín González Blanco, Sabela Girón Gesteira e Paula Morales Pereira de Arquitectura sen Fronteiras Galicia

Sesión 2: sábado, 25 febreiro

Horario de 11:00 h 13:30 h

Judit Santos Almeida de Cooperativa Miudiño

Sesión 3: venres, 3 de marzo

Horario de 17:00 h a 20:00 h

Fermín González Blanco (Sistema Lupo)

Sesión 4: sábado, 4 de marzo

Horario de 10:30 a 14:00 h

Arquitectura sen Fronteiras, Sistema Lupo e Cooperativa Miudiño

 

Obxectivos

1. Formar a docentes de centros educativos para desenvolver propostas de transformación de patios escolares a través do coñecemento doutros colectivos e especialistas que están traballando actualmente neste eido.

2. Fomentar a mobilidade e autonomía infantil incluíndo os camiños escolares e os desprazamentos aos centros educativos.

3. Indagar en metodoloxías de dinamización deseñadas para favorecer a participación e inclusión de todo o alumnado e analizar as posibilidades espaciais do espazo educativo dentro e fóra da aula.

Contidos

1. Patios escolares inclusivos con especial atención ao xénero e á diversidade.

2. A autonomía e integración da infancia a e xuventude no espazo público a través dos camiños escolares e o eido escolar. A vulnerabilidade dos menores no espazo público.

3. A importacia da vexetación no espazo educativo e na vida das persoas máis novas.

4. A importancia do xogo ao aire libre.

5. A análise do sentir no espazo educativo: luz, cor, acústica, temperatura etc.

6. Propostas de transformación dos espazos educativos a través de metodoloxías participativas.

 

Se queres afrontar o desafío da mellora da eficacia educativa e participar en dita actividade aínda estás a tempo de facer a inscrición a través de Fprofe.

Menús CAFI node R

 

Sección