L2301002 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación primaria

20 horas de duración entre febreiro e marzo.
O prazo de inscrición atópase aberto
Ven, 15/12/2023 - 13:27
paisaxes

Aínda que asomen as vacacións de Nadal, no CFR Lugo queremos comezar forte o 2024. Por iso, hoxe vos traemos a actividade L2301002 - A creación de situacións de aprendizaxe en educación primaria. Un curso que ofrece un amplo abano de oportunidades ao noso profesorado e que contará con relatores de excepción, como son: Paula Dopico (EOE A Coruña), Pablo J. Díaz Tenza (mestre e escritor, autor do libro: “Situaciones del aprendizaje”), Laura Calaza (IES Moncho Valcarce), Iván Gómez (CFR Ourense), Salvador Cidrás e Vicente Blanco (USC. Facultade de Formación do Profesorado, autores del libro “Educar a través del arte”). A actividade, que aínda mantén o prazo de inscrición aberto, desenvolverase no CFR Lugo entre os meses de febreiro e marzo. Terá unha duración dun total de 20 horas.

 

Datas

7 e 15 de febreiro de 17.00 a 19.30 horas. 21, 28 de febreiro e 6 de marzo de 16.00 a 20.00 horas. 7 de marzo de 17.00 a 20.00 horas.

 

Obxectivos

1 .Identificar as fases de implementación da Aprendizaxe Baseada en Proxectos (ABP) para elaborar situacións de aprendizaxe.

2. Adquirir técnicas, dinámicas e estruturas para levar a cabo as situacións de aprendizaxe.

3. Formular propostas de avaliación na implementación da metodoloxía activa de aprendizaxe.

 

Contidos

1. Elementos que compoñen a situación de aprendizaxe .

2. Deseño da situacións de aprendizaxe e introdución na metodoloxía escollida (ex. ABP).

3. Relación da estratexia metodolóxica seleccionada e da situación de aprendizaxe creada cos elementos curriculares.

4. A integración da avaliación na situación de aprendizaxe elaborada.

Menús CAFI node R

 

Sección