G2302012 - Transformación de centros educativos. Estratexias e proxectos innovadores
Itinerario de Innovación
Mar, 05/12/2023 - 10:31
OBXECTIVOS:
- Crear un espazo de intercambio e construír unha comunidade de centros a prol da innovación.
- Deseñar unha folla de ruta para a transformación do centro.
- Promover a creación dos equipos de innovación.
CONTIDOS:
- Innovación educativa. Claves para a transformación.
- Creando comunidade. Boas prácticas innovadoras nos nosos centros.
- Programas e convocatorias de apoio á innovación.
- Folla de ruta para a innovación de centro.
DATA DE REALIZACIÓN:
- Sábado, 9 de marzo do 2024.
LUGAR DE REALIZACIÓN:
- Escola Galega de Administración Pública (EGAP).