L2401018 Lingua de signos. Curso medio
Á volta do Entroido teremos unha das formacións máis relevantes deste curso. Adentrámonos nunha linguaxe máis que necesaria nas nosas aulas. A través da actividade L2401018 Lingua de signos. Curso medio obteremos os coñecementos necesarios para afrontar con garantías un dos maiores retos aos que se pode enfrontar un docente no seu centro educativo.
Esta formación terá lugar entre o 6 de marzo e o 10 de abril no CFR de Lugo. Contará cun total de 30 horas, 9 delas non presenciais. As sesións desenvolveranse os xoves entre as 16:30 horas e as 20:00 horas. Cabe recordar que para acceder a esta actividade é necesario acreditar un nivel básico de LSE. Se estás interesado en inscribirte nesta formación, podes facelo a través do seguinte enderezo de correo electrónico: cfr.lugo.linguasestranxeiras1@edu.xunta.gal
Obxectivos
1. Adquirir un nivel medio de comprensión, expresión e interacción en lingua de signos.
2. Coñecer e aplicar as habilidades de expresión corporal necesarias para unha produción media en LSE.
3 .Fomentar a integración do alumnado con discapacidade auditiva na dinámica do centro escolar.
Contidos
1. Creación de situacións significativas no desenvolvemento da capacidade de aprender e na xestión dos afectos nun contexto de aprendizaxe coa riqueza engadida do alumnado con discapacidade auditiva.
2. Acceso ao currículo do alumnado con discapacidade auditiva.
3. A lingua de signos coma sistema lingüístico: gramática, léxico e pragmática a nivel medio.
4. Destrezas corporais, espaciais e proxémicas de cara ao ensino aprendizaxe coa lingua de signos a nivel medio.
5. Referentes, saberes e comportamentos socioculturais de cara ao ensino aprendizaxe coa lingua de signos.