L2401009 Atención educativa do alumnado con TDAH
O 6, 13, 20 e 27 de febreiro desenvolveremos a actividade L2401009 Atención educativa do alumnado con TDAH no CFR de Lugo. Contaremos coa presenza de María Cristina Casal Pena, Octavio Augusto Susacasa Noval e Ana Fátima Gómez Suárez como relatores.
Este curso, en colaboración coa Fundación INGADA, pretende contribuír á formación continuada na abordaxe do Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH), responder á necesidade de identificar as características do alumnado e comprender as dificultades ás que se presenta este alumnado e os seus diferentes estilos de aprendizaxe.
A actividade contará cun total de 20 horas, das cales 5 serán non presenciais. Estas xustificaranse coa entrega dun proxecto co se poderá, de forma voluntaria, optar á beca. O proxecto poderá entregarse desde o 28 de febreiro ata o 27 de marzo. Poderán facelo de forma colaborativa ata tres persoas do mesmo centro.
Aínda estás a tempo de inscribirte a través de FProfe. Se precisas máis información, contamos cun curso creado na aula virtual do CFR, no apartado da Área Lingüística e Social. Así mesmo, facilitamos o enderezo de correo electrónico da asesora da actividade Marta Arias López: cfr.lugo.linguisticosocial@edu.xunta.gal
OBXECTIVOS
1. Coñecer as características do TDAH.
2. Adquirir estratexias metodolóxicas e de autorregulación da conduta así como das distintas técnicas, medidas e recursos que favorecen a atención educativa do alumnado con TDAH.
3. Experimentar na aula propostas metodolóxicas e recursos que melloren a resposta educativa e a inclusión do alumnado con TDAH.
CONTIDOS
1. Características do TDAH. Estratexias metodolóxicas, de autorregulación emocional e manexo da conduta.
2. Medidas e recursos que favorecen a atención ao alumnado con TDAH. Organización de espazos e tempos. Adaptación de probas de avaliación.
3. Metodoloxías inclusivas. Experiencias prácticas.