L2401022 Metodoloxías activas no traballo interdisciplinario en educación
Iniciamos o segundo trimestre por todo o alto! Nos próximos meses de xaneiro e febreiro contaremos no CFR de Lugo con esta interesante actividade: L2401022 Metodoloxías activas no traballo interdisciplinario en educación. 20 horas de formación (3 delas non presenciais) que terán lugar nas seguintes datas: 24 e 29 de xaneiro; 5, 12 e 19 de febreiro. Nesas sesións afondarase sobre temáticas tan interesantes como DUA, ABP, Cooperativo, Flipped Classroom, Gamificación, etc. Se desexas inscribirte na mesma, aínda podes facelo a través de FProfe!
Relatores
Laura Lorenzo (ABP e Cooperativo).
Ana Murcia (DUA, Docencia Compartida e Estacións de Aprendizaxe).
Pablo Trashorras (Flipped Classroom e Gamificación).
Irene Yáñez (cambio metodolóxico).
Obxectivos
1. Coñecer e analizar as características e estrutura da programación por ámbitos.
2. Organizar os recursos temporais e espaciais.
3. Establecer procedementos e instrumentos de avaliación.
Contidos
1. A escola activa.
1.1. O traballo interdiciplinario: a programación por ámbitos.
1.2. Principios metodolóxicos: as metodoloxías activas.
2. Organización dos recursos temporais e espaciais.
3. Criterios, instrumentos e procedementos de avaliación.
4. Boas prácticas educativas do traballo interdisciplinario.