Gallego

Club de lectura do CFR da Coruña

Summary: 

O xoves 19 de novembro na biblioteca do CFR da Coruña.
Gallego

O xoves 19 de novembro dende as 18:00 ata as 19:30 na biblioteca do CFR da Coruña, iniciarase o club de lectura coa presenza de Beatriz Maceiras, mestra do CEIP Raquel Camacho.

Presentará dinámicas de traballo co seu libro "O álbum de Garrincha".

Límite de prazas 15.

Reserva de prazas en cfr.coruna.bibliotecas@edu.xunta.es

 

O álbum de Garrincha
O álbum de Garrincha.

Seminarios aprobados 2015/2016

Summary: 

Seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016
Gallego

Xuntase arquivo coa relación de seminarios aprobados polo CFR da Coruña para o curso 2015/2016

seminarios aprobados

V1501001 Intelixencias múltiples e competencias clave

Summary: 

O día 4 de novembro terá lugar no CEP Celso Emilio Ferreiro de Vigo o curso V1501001 INTELIXENCIAS MÚLTIPLES E COMPETENCIAS CLAVE.
Gallego

O día 4 de novembro terá lugar no CEP Celso Emilio Ferreiro de Vigo o curso V1501001 INTELIXENCIAS MÚLTIPLES E COMPETENCIAS CLAVE.

Data: 

04/11/2015

Lugar: 

CEP Celso Emilio Ferreriro

Horario: 

De 17:00 a 20:00 horas

Tema: 

Sección: 

Áreas-CAFI: 

Introdución á protección de datos

Summary: 

O día 19 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a primeira sesión do curso "Introdución á protección de datos".
Gallego

O día 19 de outubro tivo lugar na Cidade da Cultura a primeira sesión do curso "Introdución á protección de datos" . O conferenciante, D. Víctor Salgado Seguín, especialista en Dereito Informático, abordou con éxito a temática relacionada coa protección de datos e respostou as cuestión que xurdiron entre os 70 participantes.

Introdución á protección de datos
Introdución á protección de datos

S1501043 Como reducir o estrés na aula: Mindfulness para profesores

Summary: 

O obxectivo do curso é axudarlles aos participantes (profesorado de infantil e primaria ) a desenvolver unha práctica persoal de atención plena (mindfulness) aplicable no ámbito educativo. Terá lugar na aula 11 do Centro Autonómico de Formación e Innovación Educativa (CAFI) os mércores en sesións de dúas horas (18:00 a 20:00 horas) dende o 7 de outubro ao 9 de decembro.
Adxúntase programa
Gallego

Que é o mindfulness.

   1.2.Programas que o desenvolven.

   1.3.Conexión mente corpo.

   1.4.A respiración.

2.A preparación mental.

   2.1.Atención interior e exterior.

   2.2.Prestar atención ao corpo.

3.Como nos engaña a mente.

4.Xestión das emocións.

5.Técnicas de relaxación.

S1501043 Como reducir o estrés na aula: Mindfulness para profesores

File: 

Plan Anual de Formación do Profesorado

Summary: 

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016
Gallego

Neste apartado pódese consultar o Plan Anual de Formación do Profesorado do curso 2015/2016. Premendo sobre a imaxe accedese a toda a información. Pódese consultar directamente os diferentes apartados nas seguintes ligazóns:

 

1. Normas xerais

2. Convocatorias

3. Erasmus +

4. Formación en centros

5. Actividades a desenvolver polo CAFI

6. Actividades a desenvolver polo CFR da Coruña

7. Actividades a desenvolver polo CFR de Ferrol

8. Actividades a desenvolver polo CFR de Lugo

9. Actividades a desenvolver polo CFR de Ourense

10. Actividades a desenvolver polo CFR de Pontevedra

11. Actividades a desenvolver polo CFR de Vigo

12. Inscrición nas actividades

13. Enderezos de interese

Plan Anual de Formación do Profesorado
Plan Anual de Formación do Profesorado

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

Summary: 

Orde do 12 de xuño de 2015
Gallego

Xúntase a Orde do 12 de xuño de 2015 pola que se regula o procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015.

O prazo de presentación de solicitudes será de polo menos 10 días naturais de antelación con respecto á data de comezo da actividade. Para as actividades formativas que comezaron a partir do 1 de xaneiro, así como para aquelas que comecen a partir do día da publicación desta orde e que non poidan cumprir o prazo de solicitude de 10 días naturais de antelación, a solicitude entenderase en prazo sempre que sexa presentada dentro dos 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no DOG.

Destinatarios e requisitos:

 1. Poderá solicitar os ditos reintegros o persoal docente funcionario de carreira que imparta as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, con destino en centros docentes públicos en que exerza docencia directa co alumnado, equipos de orientación específicos, postos de asesoría dentro da estrutura administrativa da consellería, e na Inspección educativa.

 2. Así mesmo, poderán cursar solicitude as persoas en situación de interinidade que manteñan esta condición tanto no momento da presentación da solicitude como no momento da resolución. Para estes efectos entenderase como persoal interino unicamente aquelas persoas que teñan nomeamento como tales ata o remate do curso ou cursos académicos correspondentes.

 Os solicitantes non poderán percibir outro tipo de axudas para a asistencia á actividade solicitada.

Documentación necesaria

 a) Orixinal ou fotocopia da convocatoria da actividade para a cal se solicita o reintegro.

b) No caso de que a persoa solicitante non estea exercendo docencia directa nun centro docente público, certificación expedida polo/a xefe/a de servizo da súa unidade administrativa con indicación do posto de traballo que ocupa.

c) Orzamento dos gastos de matrícula e desprazamento. En ningún caso se farán constar gastos de mantenza e aloxamento.

d) Memoria explicativa dos motivos polos que se desexa asistir á actividade e repercusión da asistencia a esta na súa función docente.

Máis información

Correo electrónico: reintegros.fprofe@edu.xunta.es

Tl.: 981 546 515/ 881 997 635

Servizo de Formación do Profesorado

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015
Procedemento para o reintegro individual de gastos por asistencia a actividades de formación do profesorado non universitario para o ano 2015

V1402012 Xornadas: Educar e colaborar nas redes sociais: Aprendizaxes móbiles

Summary: 

Os días 25, 26, e 27 de maio no CFR de Vigo desenvolverase a actividade: V1402012-XORNADAS: EDUCAR E COLABORAR NAS REDES SOCIAIS: APRENDIZAXES MÓBILES.
Gallego
Os días 25, 26, e 27 de maio no CFR de Vigo desenvolverase a actividade: V1402012-XORNADAS: EDUCAR E COLABORAR NAS REDES SOCIAIS: APRENDIZAXES MÓBILES.

Referencia: V1402012

Temporalización: 25, 26 e 27 de maio

Lugar:  Salón de Actos CFR de Vigo.

Redes

redes
redes

V1402027 Xornadas: Primeiros auxilios en educación

Summary: 

Os días 27 de maio e 9 -10 de xuño, terán lugar no CFR de Vigo as XORNADAS: V1402027-PRIMEIROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN, cunha duración de 10 horas.
Gallego

Os días 27 de maio e 9 -10 de xuño, terán lugar no CFR de Vigo as XORNADAS: V1402027-PRIMEIROS AUXILIOS EN EDUCACIÓN, cunha duración de 10 horas.

Primeiros auxilios

Primeiros auxilios
Primeiros auxilios

V1403001 Compartindo boas prácticas: Encontros de intercambios de experiencias educativas

Summary: 

Os días 15 e 16 de maio terán lugar, no IES de Santa Irene, en Vigo, as Xornadas V1403001-Compartindo boas prácticas: Encontros de intercambios de experiencias educativas. Cunha duración de 12 horas para profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria.
Gallego

Os días 15 e 16 de maio terán lugar, no IES de Santa Irene, en Vigo, as Xornadas V1403001-Compartindo boas prácticas: Encontros de intercambios de experiencias educativas. Cunha duración de 12 horas para profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria.

Compartindo Boas Prácticas

Compartindo Boas Prácticas
Compartindo Boas Prácticas