O CAFI deséxavos felices festas
Enviado por pablogulin a Mér, 16/12/2015 - 12:47Summary:
Summary:
Summary:
File:
Summary:
Anúnciase a dispoñibilidade de vacantes nas seguintes actividades polo que se amplía o período de inscrición:
Consultar a data límite de inscrición, requisitos, lugares de celebración e outra información nas respectivas fichas de cada unha das actividades.
Inscrición en FPROFE https://www.edu.xunta.gal/fprofe/
Nesta actividade traballaremos aspectos como:
Datas: 25 e 27 de maio, 1, 6, 8 e 10.
Código en fprofe: S2201035
Lugar: as xornadas terán lugar en Santiago de Compostela, combinando sesión no CAFI, en centros educativos da zona en montes cercanos e en rocódromo indoor.
Contidos: A xeolocañización analóxica e dixital, recursos na orientación, elaboración de mapas, xogos e acyividades de orientación e escalada no centro, a carreira de orientación e práctica de escalada en rocódromo.
Summary:
As Xornadas galegas de linguas estranxeiras celebraranse o sábado 25 de marzo de 2023 no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.
Para poder participar é necesario formalizar a inscrición na plataforma FPROFE (referencia G2202131)
Summary:
O programa Observa_Acción terá unha duración de dous cursos académicos e desenvolverase en catro fases (dúas en cada ano lectivo)
1. Observa_Acción. Fase Intracentros (Comparte) entre docentes do mesmo centro educativo.
2. Observa_Acción. Fase Intercentros (Acolle) dirixida a equipos de docentes de varios centros de todo o ámbito da comunidade autónoma de Galicia.
3. Observa_Acción. Fase Estatal (Conecta) colaboración entre diferentes comunidades autónomas adheridas ao plan
4. Observa_Acción. Fase Europea (Internacionaliza) experiencia de Observa_Acción visitando un centro educativo dun dos países socios europeos.
Os obxectivos que se perseguen con este programa son os seguintes:
• Experimentar novas vías de formación do profesorado e favorecer a innovación educativa nos centros educativos de Galicia, e colaborar con centros doutras comunidades autónomas e/ou países de ámbito europeo.
• Facilitar ao profesorado e aos membros do equipo directivo dun mesmo claustro a posibilidade de observar de forma directa metodoloxías nos procesos de ensino-aprendizaxe, xeitos de relación e comunicación, ou vías de xestión dos recursos propios e alleos.
• Fomentar o traballo en equipo de grupos de profesores/as, establecendo así vías de comunicación para o intercambio de boas prácticas, a reflexión e a formación metodolóxica
• Favorecer a internacionalización dos centros educativos, ofrecendo a posibilidade de levar a cabo proxectos con outras Comunidades Autónomas e/ou países
• Aplicar e revisar protocolos de observación de práctica docente e potenciar accións metodolóxicas innovadoras para a mellora dos procesos de aprendizaxe do alumnado.
Ligazón á convocatoria: Observa_Acción
Summary:
Remitiuse o Boletín CFR A Coruña xuño-2021, a tódolos centros da área de influencia. Así poderano consultar antes de fin de curso e contar con el para posibles recomendacións lectoras.
Tamén o podes descargar clicando aquí:
Summary:
Lectores competentes no século XXI
31/05/2022 17:30—20:00 h
Hologramas, robots & IAs. Como promover a lectura dixital na era dixital.
Relatora. Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura ).
01/06/2022 17:30—20:00 h
LIX Dixital. Novas formas de contar historias e acceder á información Relatora.
Elisa Yuste (Consultora experta en promoción lectura).
06/06/2022 17:30—20:00 h
Os retos da lectura hoxe.
Relator. Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra).
07/06/2022 17:30—20:00 h
Lectura contra a desinformación Relator.
Daniel Cassany (Univ. Pompeu Fabra)
13/06/20 17:30—20:00 h
Clubs de lectura: unha práctica de lectura compartida.
Relatora. Anxos Paz García (IES de Brión)
15/06/2022 17:30—20:00 h
O álbum ilustrado e o seu papel na formación de lectores .
Relatoras: María Jesús Fernández (mestra, experta en LIX, mediadora)
Summary:
O vindeiro venres 13 de maio terá lugar no Castelo de Vimianzo unha sesión formativa para a comunidade educativa das escolas unitarias de Vimianzo, Laxe, Camariñas e Cee.
Intervirán Gerardo Reino que enfatizará os beneficios da introdución da robótica e o pensamento computacional a idades temperás.
O mesmo fará Pablo Díaz coa importancia dos contos no desenvolvemento da mente infantil.
E por último Boniface Ofogo porá de relieve a importancia da prevención do acoso a través de varias historias.
Summary:
O venres 27 de maio ás 19:00 h. terá lugar unha actividade formativa no salón de actos do CPI As Revoltas.
A actividade está dirixida ás familias do alumnado dos centros educativos da bisbarra, e será impartida pola especialista Sandra Varela Amado.