Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Competencia dixital do profesorado

No proceso de integración das TIC no sistema educativo galego detéctase a necesidade de proporcionar ao profesorado instrumentos de valoración para coñecer a propia competencia TIC docente e poder elixir dentro da oferta formativa aquelas actividades que mellor respondan ás súas necesidades. Esta motivación leva á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a establecer un marco de referencia baseado en catro dimensións:

Competencia TIC

En relación con estas dimensións establécense cinco niveis de competencia TIC, que se medirán en base a uns indicadores para cada unha das dimensións:

Competencia TIC

Nivel básico inicialNivel básicoNivel medio inicialNivel medioNivel avanzado

Competencia TIC

Premendo en cada un dos botóns da imaxe anterior accederemos a unha exposición dos obxectivos de cada nivel dentro das dimensións establecidas.

Para poder medir o nivel de competencia TIC dispoñemos nunha aula virtual en Platega de cinco cuestionarios de autoavaliación.  Para facelos é necesario introducir un contrasinal no momento de realizar a inscrición. O contrasinal é o seguinte:

Contrasinal: abalar

Autoavaliación de competencia TIC
Cuestionario de nivel básico inicialCuestionario de nivel básicoCuestionario de nivel medio inicialCuestionario de nivel medioCuestionario de nivel avanzado
Autoavaliación de competencia TIC

En correspondencia con estes niveis, deseñouse un itinerario formativo de competencia TIC docente con cinco cursos:

Itinerario de competencia TIC
Curso de introducción ao nivel básicoCurso de nivel básicoCurso de introducción ao nivel medioCurso de nivel medioCurso de nivel avanzado
Itinerario de competencia TIC

Premendo nos botóns da imaxe anterior accederemos ás características de cada curso. Poderanse realizar mediante a correspondente inscrición en fprofe.

  • Os resultados de cada cuestionario miden o nivel de competencia e sinalan a conveniencia de realizar un determinado curso dentro do itinerario formativo TIC.
  • A realización dos cursos do itinerario supón unha certificación de asistencia a eses cursos, pero non significa unha acreditación oficial de competencia TIC docente. Esta acreditación poderá estar dispoñible no futuro, a través do sistema de avaliación que se estableza, de ser o caso, por parte da Consellería  de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
  • Esta ferramenta de autoavaliación pretende facilitar ao profesorado un coñecemento o máis aproximado posible da formación que necesita para unha mellor integración das TIC na docencia.
  • Non é necesariamente imprescindible a realización de todos e cada un dos cursos do itinerario, senón que cada docente poderá decidir por cal deles empezar e por cales continuar, en concordancia cos seus coñecementos e necesidades formativas no momento da súa elección.
  • Os criterios de selección para a realización dos cursos do itinerario formativo de competencia TIC docente fixan, para todas as ensinanzas, corpos e especialidades, a seguinte orde de prioridade:
    • Coordinadores e coordinadoras de tecnoloxías da información e da comunicación.
    • Os criterios xerais do plan anual de formación.
  • Para apoiar o desenvolvemento do Proxecto Abalar, ofertarase un itinerario formativo, practicamente coincidente co exposto, con cursos “edición Abalar” no que os criterios de selección fixarán, para todas as ensinanzas e especialidades dos corpos de 590 - Profesores de ensino secundario e 597 – Mestres, as seguintes prioridades:
    • Coordinadores e coordinadoras Abalar.
    • Profesorado de centros Abalar.
    • Os criterios xerais do plan anual de formación.
  • Ademais dos cursos do itinerario TIC, as ofertas formativas TIC ou doutras áreas poderán ser clasificadas tomando como referencia estes niveis de competencia para que o profesorado poida coñecer o nivel que precisa para realizalos.

 

Competencia TIC
Competencia TIC
Nivel básico
Nivel básico inicial
Nivel medio inicial
Nivel medio
Nivel avanzado
Competencia TIC
Autoavaliación de competencia TIC
Autoavaliación de competencia TIC
Cuestionario de nivel básico inicial
Cuestionario de nivel básico
Cuestionario de nivel medio inicial
Cuestionario de nivel medio
Cuestionario de nivel avanzado
Itinerario de competencia TIC
Itinerario de competencia TIC
Curso de introducción ao nivel básico
Curso de nivel básico
Curso de introducción ao nivel medio
Curso de nivel medio
Curso de nivel avanzado