Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Nivel avanzado
Coñecemento instrumental e uso das TIC
Uso do equipamento informático en local e en rede
Xestionar e administrar a rede e o sistema operativo
- Coñecer e utilizar os elementos dunha aula TIC, sendo quen de xestionar e administrar dun xeito avanzado a rede e o sistema operativo, realizando tarefas de mantemento básico.
Tratamento da información e a comunicación
Empregar aplicacións e ferramentas de tratamento da información
- Crear aplicacións educativas con diferentes e diversas ferramentas de autor.
Coñecer os procesos de recepción e interacción
- Interactuar con persoas e con colectivos diversos en contornas plurais e multiculturais.
Didáctica e metodoloxía
Coñecemento das tecnoloxías e desenvolvemento profesional
Coñecer as técnicas e implicacións do uso das TIC na educación
- Ser quen de producir mensaxes multimedia con procedementos propios de vídeo, fotografía, animación, banda deseñada, audio, texto.
Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe
Implementar experiencias e crear ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas TIC
- Coñecer e utilizar diferentes estratexias metodolóxicas para a inserción das TIC no deseño curricular como aprendizaxe colaborativa baseada en proxectos, aplicando metodoloxías tales como a resolución de problemas, descubrimento guiado, webquest, simuladores.
Avaliar recursos e procesos de ensino-aprendizaxe coas TIC
- Aplicar procedementos e instrumentos de avaliación do impacto das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe
- Aproveitar as posibilidades das TIC para establecer novas modalidades de avaliación nas que se valore o axeitado uso das mesmas nos procesos de aprendizaxe.
Xestión escolar
Empregar as TIC para apoiar as tarefas administrativo-docentes
- Empregar a nivel avanzado programas e plataformas de xestión para a mellora da xestión escolar.
Actitude
En relación ás persoas que usan as TIC
Valorar a aprendizaxe colaborativa
- Contar con dispoñibilidade persoal e coñecemento de técnicas para a coordinación de cursos, proxectos, grupos ou seminarios de formación.