Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nivel básico inicial en tecnoloxías da información e da comunicación

Volver gratuidade solidaria

Modalidade: Presencial.

Duración: 30 horas.

Obxectivos:

  1. Adquirir unha competencia básica no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia.
  2. Xestionar a nivel básico os contornos e espazos de aprendizaxe coas tecnoloxías da información e da comunicación dun xeito seguro e respectando a privacidade.
  3. Aplicar a nivel básico as tecnoloxías da información e da comunicación para a mellora da xestión escolar.

Contidos:

  1. Coñecemento e utilización básica e segura dos principais elementos dunha aula TIC. Periféricos (teclado, rato, altofalantes, micrófono, impresora, unidades de almacenamento externo, proxector, encerado dixital interactivo), contas de usuario, procedementos de seguridade.
  2. Organización e personalización do contorno de traballo en local e en rede. Coñecemento e uso básico do sistema operativo, procesador de texto, tratamento de imaxe e arquivos, correo electrónico.
  3. Acceso á información a través do emprego de aplicacións e ferramentas de tratamento da información. Coñecemento e uso básico dos navegadores e buscadores.
  4. Introdución á procura, selección e emprego de contidos educativos dixitais.
  5. Mellora da xestión escolar utilizando as TIC, manexando dun xeito básico programas de xestión de centro.