Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nivel medio inicial en tecnoloxías da información e da comunicación

Volver gratuidade solidaria

Modalidade: En rede.

Duración: 50 horas.

Obxectivos:

  1. Adquirir unha competencia de nivel medio no coñecemento instrumental e uso das tecnoloxías da información e da comunicación na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica e a súa utilidade na mellora da atención á diversidade.
  2. Xestionar a nivel medio os contornos e espazos de aprendizaxe coas tecnoloxías da información e da comunicación coñecendo algunhas técnicas e implicacións do seu uso na educación.
  3. Aplicar a nivel medio as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes.

Contidos:

  1. Uso da aula virtual. Coñecemento e utilización normal dos elementos dunha aula TIC. Dispositivos e periféricos (webcam, cámara dixital, escáner). Xestión e administración a nivel medio da rede e o sistema operativo. Instalación, desinstalación e actualización dalgúns programas e aplicacións. Uso normal dos navegadores.
  2. Acceso e tratamento da información, ferramentas de comunicación e colaboración. Blogs, redes sociais e contornos colaborativos.
  3. Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe empregando as TIC. Webs dinámicas, proxectos colaborativos.
  4. Mellora da xestión escolar utilizando as TIC, manexando normalmente programas e plataformas de xestión. XADE, Meiga.
  5. Atención á diversidade, implicación activa do alumnado, titorización da aprendizaxe.