Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Coñecemento instrumental e uso das TIC
Uso do equipamento informático en local e en rede
Coñecer e utilizar os distintos dispositivos e periféricos
- Coñecer, conectar e empregar a nivel básico os elementos dunha aula TIC: webcam, cámara dixital, escáner, proxector e encerado dixital interactivo.
- Coñecer e empregar a nivel básico o servidor de centro.
Organizar e personalizar o contorno de traballo en local e en rede
- Coñecer o funcionamento dunha aula virtual a nivel de usuario/a.
- Ser quen de realizar unha presentación.
- Coñecer e usar a nivel básico a folla de cálculo.
Tratamento da información e a comunicación
Utilizar ferramentas de comunicación e colaboración
- Coñecer e utilizar basicamente algunhas redes sociais.
Didáctica e metodoloxía
Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe
Planificar o proceso de ensino-aprendizaxe empregando as TIC
- Incorporar nas programacións de aula actividades axeitadas que integren as TIC para que o alumnado desenvolva as competencias asociadas ao currículo.
Implementar experiencias e crear ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas TIC
- Procurar e seleccionar contidos dixitais educativos dos diversos repositorios para empregalos complementando o proceso de ensino-aprendizaxe.
Avaliar recursos e procesos de ensino-aprendizaxe coas TIC
- Avaliar o software educativo e os recursos empregados para a súa adecuación á aula.
Xestión escolar
Empregar as TIC para apoiar as tarefas administrativo-docentes
- Manexar dun xeito básico os programas de xestión de centro ofrecidos pola administración (XADE, Meiga).
- Empregar os servizos de Internet para apoiar as tarefas administrativas propias do meu labor docente.
- Coñecer e empregar procedementos para a comunicación coas familias.
Actitude
En relación coas TIC
Empregar as TIC dun xeito ético, responsable e seguro
- Valorar as vantaxes e inconvenientes do uso das TIC na aula.
- Promover o coidado do equipamento para evitar riscos e destrozos
- Fomentar a consolidación de hábitos saudables en relación ao uso de compoñentes dixitais (posturais, relativos á visión, tempos e pausas…)
- Verificar a información e o seu uso correcto respectando os dereitos individuais e colectivos.
- Coñecer os principais riscos da navegación na rede e algunhas estratexias para evitar posibles fraudes e ilegalidades actuando con prudencia.
Valorar a influencia das TIC na educación e na sociedade actual
- Valorar o uso das TIC como recurso didáctico para a mellora do proceso de ensino-aprendizaxe.
- Adoptar unha actitude aberta e crítica no uso de Internet e das empresas tecnolóxicas.
En relación ás persoas que usan as TIC
Mostrar predisposición á aprendizaxe continua e a actualización permanente no uso das TIC
- Manter actitudes positivas de actualización de coñecementos e habilidades tecnolóxicas en xeral e as relacionadas coas materias impartidas en particular.
Coñecer e compartir experiencias e materiais
- Coñecer e valorar a importancia de compartir iniciativas, coñecementos e avances educativos no uso das TIC.
Valorar a aprendizaxe colaborativa
- Valorar a importancia das plataformas de aprendizaxe e redes sociais como forma de comunicación e de compartir ideas e coñecementos, incrementando a propia competencia TIC a través da participación nas mesmas.
- Participar activamente en plataformas de aprendizaxe, cursos ou grupos de traballo para acadar ou mellorar as competencias dixitais.