Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Nivel básico inicial
Coñecemento instrumental e uso das TIC
Uso do equipamento informático en local e en rede
Coñecer e utilizar os distintos dispositivos e periféricos
- Coñecer, conectar e empregar a nivel básico os elementos dunha aula TIC: teclado, rato, altofalantes, micrófono, impresora, unidades de almacenamento externo, proxector e encerado dixital interactivo.
Organizar e personalizar o contorno de traballo en local e en rede
- Coñecer e usar a nivel básico o sistema operativo.
- Coñecer e usar normalmente o procesador de texto.
- Coñecer e manexar a nivel básico procedementos de tratamento de imaxe e xestión de arquivos.
- Coñecer e utilizar con normalidade o correo electrónico.
Tratamento da información e a comunicación
Acceder á información
- Coñecer e usar a nivel básico os navegadores e os buscadores de internet.
Seguridade e control de acceso
Protexer o equipamento informático
- Coñecer e empregar os procedementos de seguridade básicos (apagado de equipos, retirar con seguridade unidades externas…)
Protexer a información
- Acceder e pechar de forma segura as contas de usuario en Internet.
Didáctica e metodoloxía
Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe
Implementar experiencias e crear ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas TIC
- Procurar e seleccionar contidos dixitais educativos dos diversos repositorios para empregalos complementando o proceso de ensino-aprendizaxe.
Xestión escolar
Empregar as TIC para apoiar as tarefas administrativo-docentes
- Manexar dun xeito básico os programas de xestión de centro ofrecidos pola administración (XADE, Meiga...)