Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nivel medio inicial

Volver gratuidade solidaria

Coñecemento instrumental e uso das TIC

Uso do equipamento informático en local e en rede

Coñecer e utilizar os distintos dispositivos e periféricos

  • Coñecer, conectar e empregar con normalidade os elementos dunha aula TIC: webcam, cámara dixital, escáner.

Organizar e personalizar o contorno de traballo en local e en rede

  • Coñecer o funcionamento dunha aula virtual a nivel de usuario/a.

Xestionar e administrar a rede e o sistema operativo

  • Ser quen de instalar, desinstalar e actualizar algúns programas e aplicacións.

Tratamento da información e a comunicación

Acceder á información

  • Coñecer o funcionamento normal dos navegadores: as súas configuracións, axustes e complementos.

Utilizar ferramentas de comunicación e colaboración

  • Compartir recursos na rede mediante o uso de blogs, redes sociais e contornos colaborativos na nube (ex.: GoogleDocs, dropbox...)

Didáctica e metodoloxía

Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe

Planificar o proceso de ensino-aprendizaxe empregando as TIC

  • Estruturar unidades curriculares e actividades de clase empregando a web do centro.

Implementar experiencias e crear ambientes de aprendizaxe enriquecidos coas TIC

  • Coñecer e empregar ferramentas e contornos para a participación en proxectos de colaboración intercentros (etwinning, proxectos colaborativos...)

Xestión escolar

Empregar as TIC para apoiar as tarefas administrativo-docentes

  • Manexar normalmente os programas de xestión de centro ofrecidos pola administración (XADE, Meiga...).

Actitude

En relación coas TIC

Valorar a influencia das TIC na educación e na sociedade actual

  • Valorar recursos tecnolóxicos como medio para mellorar a atención á diversidade.

En relación ás persoas que usan as TIC

Coñecer as vantaxes das TIC para o desenvolvemento das competencias básicas

  • Usar as TIC para implicar activamente ao alumnado en procesos de busca, estudo, experimentación, reflexión, aplicación e comunicación do coñecemento.
  • Utilizar o potencial das TIC para a titorización da aprendizaxe do alumnado, deseñando, planificando, organizando, estimulando, acompañando, avaliando e reconducindo os seus procesos de aprendizaxe.