Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
Nivel básico en tecnoloxías da información e da comunicación
Modalidade: Mixta.
Duración: 50 horas (30 presenciais e 20 en rede).
Obxectivos:
- Adquirir unha competencia básica no coñecemento instrumental e uso das TIC na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica.
- Xestionar a nivel básico os contornos e espazos de aprendizaxe coas tecnoloxías da información e da comunicación dun xeito seguro e respectando a privacidade.
- Aplicar a nivel básico as tecnoloxías da información e da comunicación para a mellora da xestión escolar.
Contidos:
- Uso da aula virtual. Coñecemento e utilización básica dos elementos dunha aula TIC: webcam, cámara dixital, escáner, encerado dixital interactivo e servidor de centro.
- Organización e personalización do contorno de traballo en local e en rede. Coñecemento e uso básico de presentacións, folla de cálculo e redes sociais.
- Planificación e desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe empregando as TIC. Programación con actividades TIC, contidos dixitais, software educativo.
- Mellora da xestión escolar utilizando as TIC, manexando dun xeito básico programas de xestión de centro, servizos de internet e procedementos para a comunicación coas familias.
- Participación en plataformas de aprendizaxe para acadar ou mellorar as competencias dixitais.