Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nivel medio

Volver gratuidade solidaria

Coñecemento instrumental e uso das TIC

Uso do equipamento informático en local e en rede

Coñecer e utilizar os distintos dispositivos e periféricos

  • Coñecer, conectar e empregar con normalidade os elementos dunha aula TIC: encerado dixital interactivo e servidor de centro.

Organizar e personalizar o contorno de traballo en local e en rede

  • Coñecer o funcionamento dunha aula virtual a nivel de usuario/a.

Tratamento da información e a comunicación

Utilizar ferramentas de comunicación e colaboración

  • Compartir recursos na rede mediante o uso de wikis e aulas virtuais.

Empregar aplicacións e ferramentas de tratamento da información

  • Empregar algunhas utilidades educativas xenéricas como mapas conceptuais, lectores de feeds, creadores de podcast…
  • Crear aplicacións educativas con algunha ferramenta de autor (LIM, Ardora, eXeLearning...).

Didáctica e metodoloxía

Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe

Planificar o proceso de ensino-aprendizaxe empregando as TIC

  • Estruturar unidades curriculares e actividades de clase empregando as aulas virtuais dos centros e de internet.

Xestión escolar

Empregar as TIC para apoiar as tarefas administrativo-docentes

  • Empregar plataformas de xestión tipo Moodle, Google Apps... para a comunicación de incidencias, reserva de espazos do centro, documentación interna, actividades complementarias e extraescolares…

Actitude

En relación ás persoas que usan as TIC

Valorar a aprendizaxe colaborativa

  • Ser quen de xerar un proxecto de autoformación para incrementar a propia competencia TIC.

Coñecer as vantaxes das TIC para o desenvolvemento das competencias básicas

  • Usar as TIC para implicar activamente ao alumnado en procesos de busca, estudo, experimentación, reflexión, aplicación e comunicación do coñecemento.
  • Utilizar o potencial das TIC para a titorización da aprendizaxe do alumnado, deseñando, planificando, organizando, estimulando, acompañando, avaliando e reconducindo os seus procesos de aprendizaxe.