Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

Nivel medio en tecnoloxías da información e da comunicación

Volver gratuidade solidaria

Modalidade: En rede.

Duración: 50 horas.

Obxectivos:

  1. Adquirir unha competencia de nivel medio no coñecemento instrumental e uso das TIC na docencia, recoñecendo e valorando a súa relevancia didáctica.
  2. Xestionar a nivel medio os contornos e espazos de aprendizaxe coas tecnoloxías da información e da comunicación coñecendo as principais técnicas e implicacións do seu uso na educación.
  3. Aplicar a nivel medio as tecnoloxías da información e da comunicación como apoio nas tarefas administrativo-docentes.

Contidos:

  1. Uso da aula virtual. Coñecemento e utilización normal dos elementos dunha aula TIC. Dispositivos e periféricos (encerado dixital interactivo e servidor de centro).
  2. Acceso e tratamento da información, ferramentas de comunicación e colaboración. Wikis, aulas virtuais, mapas conceptuais, lectores de feeds, creadores de podcast, ferramentas de autor.
  3. Xestión de contornos e espazos de aprendizaxe empregando as TIC. Aulas virtuais.
  4. Mellora da xestión escolar utilizando as TIC. Programas e plataformas de xestión. Moodle, Google Apps.
  5. Proxectos de autoformación, implicación activa do alumnado, titorización da aprendizaxe.